Diferenzas entre revisións de «Vilancico»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
O '''vilancico''' é un subxénero da lírica consistente nunha cancionciña de corte popular, de métrica moi variada e de temas moi diversos (entre eles os de nadal); mesmo pode presentar unha estrutura de glosa, encabezada por unha cancionciña, que vai seguida dunha serie variable de estrofas iguais entre si. É esta a estrutura habitual dos vilancicos de Nadal galegos, escritos e cantados en toda a Península durante os [[Séculos Escuros]].
 
[[Carlos Villanueva Abelairas]], profesor da [[Universidade de Santiago]] e investigador de vilancicos galegos, estabelece un punto de partida fundamental ao diferenciar entre [[panxoliña]]s e vilancicos: "Estes (refírese aos vilancicos) son as pezas en lingua vulgar que se cantan nas igrexas, con textos populares ou poemas de autor, e que se usaban na liturxia das festas principais en xeral; mentres que a panxoliña, por contra, é a canción popular que cantaba o pobo, organizadamente ou individualmente na igrexa, ante o Belén e na festa de Nadal". Aínda que as panxoliñas se cantaban no [[século XV]] e [[século XVI|XVI]], non hai ningún documento que explique as características das mesmas nesa altura, e o único que sabemos é como se organizaban os veciños para ir cantar ao neno Xesús e ao portal dos Reis.
 
Hai moita documentación sobre vilancicos a través das partituras que quedan nas principais catedrais galegas, entre as que destacan as de [[Catedral de Mondoñedo|Mondoñedo]] e a de [[Catedral de Santiago|Santiago]] polo número de textos conservados.
210.661

edicións

Menú de navegación