Miguel Anxo Araúxo Iglesias: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Escritores de Galicia; engado a Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega mediante HotCat |
m elimino a Categoría:Escritores en lingua galega mediante HotCat |
||
Liña 86: | Liña 86: | ||
{{ORDENAR:Arauxo Iglesias, Miguel Anxo}} |
{{ORDENAR:Arauxo Iglesias, Miguel Anxo}} |
||
[[Categoría:Escritores en lingua galega]] |
|||
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega]] |
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega]] |
||
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega]] |
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega]] |
Revisión como estaba o 16 de xullo de 2014 ás 07:40
Modelo:Eclesiástico Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar), e falecido o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.
Traxectoria
Carreira eclesiástica
Iniciou os seus estudos de bacharelato no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na Universidade Pontificia de Comillas onde obtivo a licenciatura en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de 1945. Trasladado como crego a Ourense, foi profesor de Teoloxía no seminario desa cidade e reitor del entre 1956 a 1966.
O 6 de setembro de 1970 foi ordenado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, nunha cerimonia presidida polo cardeal de Santiago, Fernando Quiroga Palacios. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na catedral de Ourense, e por primeira vez na historia[Cómpre referencia] da igrexa galega, en galego. O día 13 dese mes entrou oficialmente na catedral de Mondoñedo. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros Amador Niebla e Daniel Rey, mortos en enfrontamentos coa policía, que condenou nunha homilía. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En 1985 a Santa Sé concedeulle a xubilación anticipada.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Jacinto Argaya Goicoechea |
Bispo de Mondoñedo - Ferrol 1970-1987 |
Sucesor: José Gea Escolano |
Escritor e tradutor
Foi un gran impulsor dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución do Misal romano ao galego. Traballou tamén na versión dos Rituais sacramentais e preparou un devocionario popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais como La Voz de Galicia ou La Región e revistas como Irimia, Encrucillada, Raigame ou a Revista de Estudios Mindonienses.
O 30 de maio de 1980 ingresou na Real Academia Galega para ocupar a cadeira que deixara vacante Ramón Otero Pedrayo, cun discurso titulado A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais, que foi respondido por Ramón Piñeiro.
Entre as súas obras destacan:
- A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega (1975, SEPT).
- Escritos cristiáns sobre problemas, personaxes e conflictos de Galicia (1987, Edicións do Castro).
- Palabras para os amigos (1989).
- Escritos pastorais (1990).
- Oracional galego (1991, en colaboración con Ramiro González Cougil.
- Memoria de vida (1993).
- Os bispos de Galicia e o Concilio Vaticano II (1996)..
Sucesión apostólica
- Artigo principal: Sucesión apostólica.
- Miguel Anxo Araúxo Iglesias (1968)
- Fernando Quiroga Palacios (1946)
- Antonio García García (1930)
- Federico Tedeschini (1921)
- Giacomo della Chiesa (1907)
- Giuseppe Melchiorre Sarto (1884)
- Constantino Patrizi Naro (1828)
- Carlo Odescalchi (1823)
- Giulio Maria della Somaglia (1788)
- Hyacinthe-Sigismond Gerdil (1777)
- Marcantonio Colonna (1762)
- Carlo della Torre Rezzonico (1743)
- Prospero Lorenzo Lambertini (1724)
- Pietro Francesco Orsini (1675)
- Paluzzo Paluzzi Altieri degli Albertoni (1666)
- Ulderico Carpegna (1630)
- Luigi Caetani (1622)
- Ludivico Ludovisi (1621)
- Galeazzo Sanvitale (1604)
- Girolamo Bernerio (1586)
- Giulio Antonio Santorio (1566)
- Scipione Rebiba (1541)