Diferenzas entre revisións de «Rasmus Rask»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
[[Ficheiro:Rasmus Rask2.jpg|miniatura|225px|Rasmus Christian Rask]]
'''Rasmus Christian Rask''', nado o [[22 de novembro]] de [[1787]] e finado o [[14 de novembro]] de [[1832]], foi un filólogo, lingüista e [[polígrafo (autor)|polígrafo]] [[Dinamarca|dinamarqués]], considerado como un dos fundadores da [[Gramática comparada]].
== Traxectoria ==
En outubro de [[1816]], Rask abandonou Dinamarca, para emprender unha expedición literaria, á custa do rei, a fin de continuar as súas investigacións sobre as linguas orientais, e recoller manuscritos para a biblioteca universitaria de Copenhague. Dirixiuse primeiramente a [[Suecia]], onde estivo dous anos, durante os cales realizou excursións a [[Finlandia]] para estudar o [[lingua finesa|finés]]. Estando aínda en Suecia e na lingua dese país, publicou a súa ''Gramática anglosaxoa'' en 1817. En [[1818]], publicou, esta vez en Copenhague e en danés, o "''Ensaio sobre a orixe da Antiga Lingua Escandinava ou Islandesa''", na que marca a profunda afinidade dese idioma con outras linguas europeas, nomedamente con o [[latín]] e o [[lingua grega|grego]]. No mesmo ano, dou a coñecer as primeiras edicións completas dos [[Edda]], tanto o de [[Snorri Sturluson]] como o de [[Sæmundr fróði|Sæmundr]], publicando os textos orixinais e as traducións ao sueco.
 
Desde [[Estocolmo]], marchou, en [[1819]], para [[San Petersburgo]], onde redactou, en [[lingua alemá|alemán]], un artigo sobre "As linguas e as literaturas de Noruega, islandiaIslandia, Suecia e Finlandia", no número 6 da ''Vienna Jahrbücher''. Desde [[Rusia]], Rask viaxou para [[Tartaria]] desde onde alcanzou o [[Imperio Persa]], residindo durante algún tempo en [[Tabriz]], [[Teherán]], [[Persépole]] e máis [[Shiraz, Irán|Shiraz]]. En arredor de seis semanas, aprendeu [[Lingua persa|persa]] suficiente, compo para poder conversar nese idioma con liberdade.
 
En 1820 embarcou en [[Bushire]] para [[Bombay]], [[India]]. Durante a súa estadía nesa cidade, escribíu e publicou, en inglés, unha ''Disertación sobre a autenticidade da lingua zenda''. Desde Bombay viaxou até [[Sri Lanka|Ceilán]], onde chegou no ano [[1821]], e moi logo redactou en inglés, unha "''Disertación a respecto do mellor método para expresar os sons das linguas da India en caracteres europeos''", que foi publicado en [[Colombo]]. Rask volveu para CopenhagueCopenhaguen en maio de 1823, traendo consigo unha considerábel cantidade de manuscritos persas, [[zenda]]s, [[pali]]s, cingaleses, etc., con os que enriqueceu as coleccións da capital danesa.
 
=== Derradeiros anos ===
189.085

edicións

Menú de navegación