Sevilla Atlético Club: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 102: | Liña 102: | ||
[[Categoría:Equipos de fútbol filiais españois]] |
[[Categoría:Equipos de fútbol filiais españois]] |
||
[[Categoría:Equipos do grupo IV da Segunda División B Española|Sevilla Atletico]] |
[[Categoría:Equipos do grupo IV da Segunda División B Española|Sevilla Atletico]] |
||
[[Categoría: |
[[Categoría:Sevilla FC]] |
||
[[de:FC Sevilla#Sevilla Atlético]] |
[[de:FC Sevilla#Sevilla Atlético]] |
Revisión como estaba o 13 de xullo de 2014 ás 12:09
Sevilla Atlético | |||
---|---|---|---|
Nome | Sevilla Atlético Club | ||
Alcume(s) | Sevilla B, Franjirrojos | ||
Fundación | 1958 | ||
Estadio | Cidade Deportiva, Sevilla, España | ||
Inauguración | 1919 | ||
Capacidade | 2.500 | ||
Presidente | José María del Nido | ||
Adestrador | Ramón Tejada | ||
Liga | 2ªB – Grupo 4 | ||
2011–12 | 10º | ||
Na rede | |||
http://www.sevillafc.es/ | |||
| |||
O Sevilla Atlético Club é o equipo filial do Sevilla Fútbol Club. Foi fundado en 1958 e actualmente xoga na Segunda División B Española. No ano 2006 retomou a denominación orixinal de Sevilla Atlético, tras varios anos coa denominación de Sevilla Fútbol Club "B".
O obxectivo do Sevilla Atlético non é a consecución de logros deportivos, senón a de formar xogadores xoves que logo poidan xogar no primeiro equipo.
Escudo
O Sevilla Atlético retomou na tempada 2006–07 o escudo que posuía nas súas orixes, sendo o contorno igual ao do primeiro equipo, con forma de corazón, pero percorrido por un dos monumentos máis emblemáticos da cidade de Sevilla, a Giralda. De esquerda a dereita percórreo unha franxa vermella. Un balón de fútbol antigo e as siglas SAC, de Sevilla Atlético Club, entrelazadas completan o escudo.
Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta branca cunha banda vermella cruzando de dereita a esquerda a camiseta, pantalón negro, medias negras.
- Uniforme alternativo: Camiseta vermella cunha banda branca cruzando de dereita a esquerda a camiseta, pantalón vermello, medias vermellas.
- Terceiro uniforme: Camiseta negra, pantalón negro, medias brancas.
Dáse a circunstancia de que o Sevilla Atlético é o único equipo filial dun club español que posúe un uniforme distinto ao do primeiro equipo.
Estadio
O Sevilla Atlético disputa habitualmente os seus partidos oficiais na Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios, con capacidade para 2.500 espectadores. Porén, en varias ocasións, o Sevilla Atlético tamén disputou os seus partidos no estadio Sánchez Pizjuán con capacidade para 45.500 espectadores.
Con motivo do ascenso de categoría a Segunda División no ano 2007, e debido á normativa vixente que regula aos equipos que militan en categoría profesional, o club puxo en marcha un proceso de remodelación da Cidade Deportiva, o que suporá aumentar o aforamento a 7.000 espectadores, así como melloras nos accesos e outras instalacións.[1]
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 3
- Tempadas en 2ªB: 24
- Tempadas en 3ª: 27
- Ascensos a Segunda logrados: 2 (1962 e 2007)
- Liguiñas de ascenso a Segunda disputadas: 7
Xogadores 2009/10
|
|
Palmarés
Torneos nacionais
- Segunda División B de España (2): 2004-05, 2006-07
- Terceira División de España (9): 1960-61, 1961-62, 1980-81, 1982-83, 1983-84, 1985-86, 1986-87, 1991-92, 2000-01
- Subcampión da Segunda División B (2): 1988-89, 1998-99
- Subcampión de Terceira División (2): 1965-66, 1967-68