Mohamed Zahir de Afganistán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver
Liña 52: Liña 52:
[[Categoría:Nados en 1914]]
[[Categoría:Nados en 1914]]
[[Categoría:Finados en 2007]]
[[Categoría:Finados en 2007]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Montpellier]]

Revisión como estaba o 12 de xullo de 2014 ás 14:46

O rei Mohamed Zahir, chamado Mohamed Zahir Xa (que quere dicir "rei"), nado en Cabul o 16 de outubro de 1914 e morto na mesma cidade o 23 de xullo de 2007, foi o xefe de estado e monarca de Afganistán entre 1933 e 1973.

Orixes

Mohamed Zahir foi o fillo de Mohamed Nader, autoproclamado rei afgán, e descendente dunha ampla familia de gobernantes e príncipes coma o ghan Sardar Mohamed, medio irmán do ghan Dost Mohamed que vendeu a cidade de Peshawar en troca de ouro. O seu avó era o ghan Iahia, encargado das negociacións entre o goberno británico e o ghan Iaqub para o tratado de Gandomak, e que marchou a vivir á India logo da sinatura.

Era paxtún, pero falaba fluentemente a lingua persa da elite afgá. Xa como príncipe, foi educado en Francia, no Instituto Pasteur e na Universidade de Montpellier, onde tomou contacto coa democracia de preguerra, e onde aprendeu a falar francés, inglés e italiano.

Reinado

O 8 de novembro de 1933 foi proclamado rei logo do asasinato de seu pai Mohamed Nader, que el mesmo presenciou. Tiña 19 anos, e cedeulles o poder aos seus tíos, que gobernaron nos primeiros tempos. Xa coas rendas do estado collidas, en 1964 proclamou unha nova constitución, promoveu a modernización da economía, implantou un parlamento (se ben con poderes limitados) e animou a educación ás mulleres, medidas que o levaron a gañar a inimizade dos sectores musulmáns ortodoxos.

Promoveu o paxtún como lingua de comunicación, en detrimento do persa, iniciativa que non gozou o éxito agardado, e escollei os seus ministros e altos cargos de entre a etnia paxtúa, o que provocou a reacción dos outros grupos étnicos que constituíron os seus partidos e movementos políticos, coma o do taxico Mohamed Tahir Badakhshi.

Exilio e retorno

O 17 de xullo de 1973, cando Mohamed Zahir estaba en Italia operándose da vista e tratándose do lumbago, o seu curmán e antigo primeiro ministro o ghan Mohamed Daud deu un golpe de estado e estableceu un goberno republicano. Mohamed Zahir abdicou e deixouse quedar no exilio italiano, vivindo nunha gran casa en Olgiata, ao norte de Roma. Prohibíuselle volver ao seu país durante o réxime comunista dos anos setenta, e tampouco volveu durante o réxime dos talibáns.

En 1991 un home, facéndose pasar por xornalista portugués, tentou asasinalo a coiteladas, sen conseguilo, e en 2002 volveu a Cabul co inicio da democratización. Abriu a Loia Irga, o sistema de consultas entre os principais líderes afgáns para a constitución dun novo réxime, e esperaba a posibilidade de ser designado presidente (que non rei), cargo que ao final non recibiu. A constitución afgá aprobada durante a ocupación estadounidense nomeábao, iso si, "pai da patria", en recompensa polo seu papel na historia do país e como símbolo de unidade nacional.

Se ben el non estivo no goberno, o novo presidente de Afganistán, Hamid Carsai, pertence ao seu clan, e moitos dos seus parentes e seareiros formaron parte do executivo de transición. Regresou a vivir no antigo palacio real, pero a Loia Irga rexeitou devolverlle o trono. O 7 de decembro de 2004 participou na cerimonia de investidura de Carsai como presidente de Afganistán.

A partir dese ano comeza a sufrir problemas de saúde: esvara no baño durante dúas visitas a Francia, a primeira en outubro de 2002 e a segunda en xuño de 2003 e máncase nas costelas e rompe o fémur, respectivamente. En febreiro de 2004 é hospitalizado durante dúas semanas en Nova Delhi por un problema intestinal, e en maio dese mesmo ano ten que acudir a un hospital dos Emiratos Árabes Unidos por hemorraxias nasais producidas pola calor. Faleceu no seu palacio de Cabul dunha longa enfermidade, e a súa morte foi anunciada na televisión polo presidente Carsai.

Herdeiros

Casou con Homairah Begun o 7 de novembro de 1931, e xuntos tiveron seis nenos e dúas nenas.

Malia ser o cuarto na liña de sucesión, o príncipe Mir Wais foi designado príncipe herdeiro, viviu a carón de seu pai e traballou como o seu asistente e conselleiro. Sería o hipotético novo rei de Afganistán en caso de producirse unha reinstauración monárquica.


Predecesor:
Mohamed Nader
 Rei de Afganistán 
1933 - 1973
Sucesor:
instauración da república


Predecesor:
Rei Mohamed Nader
 Xefes de estado de Afganistán 
1933 - 1973
Sucesor:
ghan Mohamed Daud