Liño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 33: Liña 33:
[[Ficheiro:Allariz museo lino 01.JPG|miniatura|250px|Sobre a mesa, a "espadela"; á súa esquerda, en pé, a "espadeleira".]]
[[Ficheiro:Allariz museo lino 01.JPG|miniatura|250px|Sobre a mesa, a "espadela"; á súa esquerda, en pé, a "espadeleira".]]
[[Ficheiro:Carda, Santiago de Compostela.jpg|250px|miniatura|"Restrelo" para aseda-lo liño.]]
[[Ficheiro:Carda, Santiago de Compostela.jpg|250px|miniatura|"Restrelo" para aseda-lo liño.]]
O liño foi a fibra tradicional cultivada na Galiza e aínda que o seu cultivo case desapareceu, foi recuperado nos anos oitenta por iniciativa dos deseñadores galegos, especialmente por [[Adolfo Domínguez]], pero a súa presenza segue a ser testemuñal.
O liño foi a fibra tradicional cultivada na Galiza e aínda que o seu cultivo case desapareceu, foi recuperado nos anos oitenta por iniciativa dos deseñadores galegos, especialmente por [[Adolfo Domínguez Fernández|Adolfo Domínguez]], pero a súa presenza segue a ser testemuñal.


En 2009 a cooperativa [[Feiraco]] tamén se sumou á recuperación do liño, como complemento natural para a alimentación das vacas.<ref>Feiraco planta liño en Galicia para mellorar a alimentación das vacas. Telexornal 04/06/2009 (TVG)</ref>
En 2009 a cooperativa [[Feiraco]] tamén se sumou á recuperación do liño, como complemento natural para a alimentación das vacas.<ref>Feiraco planta liño en Galicia para mellorar a alimentación das vacas. Telexornal 04/06/2009 (TVG)</ref>

Revisión como estaba o 6 de xullo de 2014 ás 16:01

Liño
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Linaceae
Xénero: Linum
Especie: L. usitatissimum
Nome binomial
Linum usitatissimum
L., Sp. Pl., vol. 2, p. 277, 1753[1]

O liño (Linum usitatissimum) é unha planta herbácea que chega a atinxir un metro de altura e pertence á familia das lináceas. Abrangue un certo número de subespecies, integradas polos botánicos co nome de Linum usitatissimum L. Componse basicamente dunha substancia fibrosa, da cal se extraen as fibras longas para a fabricación de tecidos e dunha substancia leñosa. Produce sementes oleoxinosas e a súa fariña é utilizada para cataplasmas, usadas con fins medicinais.

Flor de liño

Historia

Non se coñece a data e o lugar nos que o home utilizou por primeira vez as fibras flexíbeis do liño para confeccionar o tecido, nin cando a planta comezou a ser cultivada. Desde 2.500 anos a.C. o liño era cultivado no Exipto, e o Libro de Moisés refírese á perda dunha colleita de liño como unha “praga” ou desgraza, tal era a súa importancia na vida das poboacións. As cortinas e o Veo do Tabernáculo e as Vestes de Arón como oficiante eran en “liño fino retorcido”. A túnica de Cristo era de liño sen costuras.

As zonas de cultivo

Encóntranse hoxe en día case exclusivamente en Europa. Bélxica e os Países Baixos fornecen as mellores calidades de liño.

Tipos

Plantanse tres tipos de liño:

  • Liño de fibras (liño para debullar), para a obtención de fibras téxtiles;
  • Da semente, para a obtención de aceite de liñaza, base da pintura ao óleo.
  • Liño de cruzamento, conseguido polo cruzamento do liño de fibras co de aceite; foi desenvolvido para dar un rendemento suficiente de fibras e aceite.

O liño na Galiza

Sobre a mesa, a "espadela"; á súa esquerda, en pé, a "espadeleira".
"Restrelo" para aseda-lo liño.

O liño foi a fibra tradicional cultivada na Galiza e aínda que o seu cultivo case desapareceu, foi recuperado nos anos oitenta por iniciativa dos deseñadores galegos, especialmente por Adolfo Domínguez, pero a súa presenza segue a ser testemuñal.

En 2009 a cooperativa Feiraco tamén se sumou á recuperación do liño, como complemento natural para a alimentación das vacas.[1]

O liño na cultura popular galega

Refraneiro

  • A que o liño aliña, esa o fía.
  • ¡Erte, dormiñón, que pasas un mes sen saír a ve-lo sol!, díxolle a liñaza ó millo. ¡Cala trigudilla: pola mañán sementada e pola noite nascida!, díxolle o millo á liñaza.
  • ¡Lavada, aos tres días nada!, díxolle o millo á liñaza. ¡Nugallán –díxolle ela-, un mes baixo o torrón e aínda se vou non vou!
  • Liño bo, liño malo, todo frolece en maio.
  • Liño de Holanda, pesa e non anda.
  • O liño apurado dá lenzo ben sobrado.
  • O liño e a estopa, á sombra.
  • Por Santa Erea, toma os bois e semea; por San Martiño, nin fabas nin liño. [2]
  • Pró liño, sete voltas de rella e a caghalla da ovella.

Cantigueiro

  • Esta noite hai unha fía,/ tamén hai unha espadela,/ miña nai, sáqueme o caldo/ que eu tamén hei de ir a ela.
  • Hei ir á fía esta noite,/ e hei de matar o candil,/ e heille mazar a cotena/ a un majo que campa alí.
  • Vale máis unha da Laxe/ cunha chaqueta de liño/ que tódalas de Cornazo/ vestidas de pano fino. [3]

Notas

  1. Feiraco planta liño en Galicia para mellorar a alimentación das vacas. Telexornal 04/06/2009 (TVG)
  2. Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; San Martiño, 11 de novembro.
  3. A Laxe é lugar de Arealonga, parroquia de Vilagarcía; Cornazo é outra parroquia de Vilagarcía.

Véxase tamén

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
  • RIVAS QUINTAS, Eligio: Frampas. Contribución al Diccionario Gallego. Ed. Ceme, Salamanca 1978..
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.

Ligazóns externas

Modelo:Ligazón AB