Dorna (revista): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
a revista foi creada no ano 1981, e non no 1995
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=xullo de 2014}}
{{Título en cursiva}}
{{Título en cursiva}}
{{Outroshomónimos|Dorna (homónimos)}}
{{Outroshomónimos|Dorna (homónimos)}}

Revisión como estaba o 6 de xullo de 2014 ás 12:57

Dorna é unha revista de expresión poética creada no mes de maio do ano 1981 grazas á iniciativa da Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa. A partir do segundo número da publicación, a súa edición pasou a mans da Cátedra de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Con case trinta anos de historia, a revista conta coa publicación das composicións de diversos escritores e escritoras do panorama literario galego, xa sexan relatos, poemas, críticas ou reseñas, tanto de autores e autoras emerxentes coma daqueles e daquelas que contan cunha gran traxectoria ás súas costas. Dende o ano 2007, e logo de tres anos de ausencia, regresou cun novo director, Ramón Lorenzo Vázquez, e cun novo Comité de Redacción, formado por David Pobra, Xosé Manuel Salgado, Lorena Souto e Mario Regueira.