Nicodemus Tessin o Vello: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:
* Catedral de Kalmar (1660), con planta de cruz grega con torretas angulares.
* Catedral de Kalmar (1660), con planta de cruz grega con torretas angulares.
* [[Castelo de Drottningholm]], iniciado en 1662, hoxe [[Patrimonio da humanidade]].
* [[Castelo de Drottningholm]], iniciado en 1662, hoxe [[Patrimonio da humanidade]].
* Casa do concello de [[Göteborg]] (1670)
* Casa do concello de [[Gotemburgo]] (1670)
* Mausoleo de Carlos anexo á igrexa de Riddarholm en Estocolmo (proxecto de 1671), cunha espléndida columnata externa.
* Mausoleo de Carlos anexo á igrexa de Riddarholm en Estocolmo (proxecto de 1671), cunha espléndida columnata externa.
* Castelo Skokloster, en Slottskogen.
* Castelo Skokloster, en Slottskogen.

Revisión como estaba o 3 de xullo de 2014 ás 14:41

Castelo Skokloster.

Nicodemus Tessin o Vello, nado en Stralsund en 1615 e finado en Estocolmo en 1681, foi un importante arquitecto barroco sueco.

Traxectoria

Foi discípulo do francés Simon de La Vallée, que era arquitecto de corte en Suecia. Logo dunha viaxe a través de Europa nos anos 1651-1652, volveu a Suecia. No 1661 foi nomeado arquitecto da cidade de Estocolmo. A súa principal obra é o Castelo de Drottningholm realizado nun estilo barroco personalizado, derivado das escolas neerlandesa, francesa e italiana. Realizou ademais numerosas pequenas edificacións na capital sueca. O seu fillo Nicodemus o Novo suceuno como principal arquitecto sueco.

Obras principais

  • Catedral de Kalmar (1660), con planta de cruz grega con torretas angulares.
  • Castelo de Drottningholm, iniciado en 1662, hoxe Patrimonio da humanidade.
  • Casa do concello de Gotemburgo (1670)
  • Mausoleo de Carlos anexo á igrexa de Riddarholm en Estocolmo (proxecto de 1671), cunha espléndida columnata externa.
  • Castelo Skokloster, en Slottskogen.
  • Palacete Wrangel, en Estocolmo.