OpenCola: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Opencola.png|miniatura|dereita|Lata de OpenCola.]]
[[Ficheiro:Opencola.png|miniatura|dereita|Lata de OpenCola.]]
'''OpenCola''' é unha bebida de [[noz de cola|cola]] na que as instrucións para realizala están dispoñibeis de balde e con acceso libre e poden ser modificadas. Calquera pode facer a bebida, modificar e mellorar a [[receita]] sempre que, ademais, rexistren as súas propias receitas baixo a [[Licenza de documentación libre de GNU]].
'''OpenCola''' é unha [[bebida de cola]] na que as instrucións para realizala están dispoñibeis de balde e con acceso libre e poden ser modificadas. Calquera pode facer a bebida, modificar e mellorar a [[receita]] sempre que, ademais, rexistren as súas propias receitas baixo a [[Licenza de documentación libre de GNU]].


==Historia e características==
==Historia e características==

Revisión como estaba o 1 de xullo de 2014 ás 07:44

Ficheiro:Opencola.png
Lata de OpenCola.

OpenCola é unha bebida de cola na que as instrucións para realizala están dispoñibeis de balde e con acceso libre e poden ser modificadas. Calquera pode facer a bebida, modificar e mellorar a receita sempre que, ademais, rexistren as súas propias receitas baixo a Licenza de documentación libre de GNU.

Historia e características

Aínda que orixinalmente foi lanzada como unha ferramenta promocional para explicar o software de código aberto, as vendas da bebida continuaron medrando e chegaron a superar as 150.000 latas vendidas. A compañía OpenCola, con sede en Toronto, deuse a coñecer máis pola bebida que polo software que pretendía promover. Laird Brown, o responsábel da estratexia da compañía, atribúe o seu éxito á desconfianza que se estendeu ante as grandes empresas e "patentadores de case todo". A estratexia en 2010 de mercadotecnia deu un xiro e xa non promocionan o refresco na súa páxina web.

Véxase tamén

Ligazóns externas