Saltar ao contido

Treboada: Diferenzas entre revisións

m
sen resumo de edición
m (elimino homónimos)
mSen resumo de edición
{{Sen referencias}}
[[Ficheiro:Árbore afrontando treboada.jpg|300px|Árbore afrontando unha treboada nos [[Os Vilares, Guitiriz|Vilares, Guitiriz]]|miniatura]]
Unha '''treboada''' consiste nun conxunto de [[fenómeno atmosférico|fenómenos atmosféricos]] intensos asociados a [[cumulonimbo]]s: [[lóstrego]]s, refachos de vento, [[Trono (meteoroloxía)|trono]]s, inundacións, [[saraiba]] e, posibelmente, [[tornado]]s.
 
== Orixe ==
Para que se forme este tipo de [[meteoro]]s cómpre que exista elevación de ar húmido nunha [[atmosfera terrestre|atmosfera]] inestábel. A atmosfera fica inestábel cando as condicións son tais que unha bolla de ar quente en ascensión pode continuar a subir porque continúa máis quente do que o ar ambiente. A elevación do ar quente é un mecanismo que tenta restabelecer a estabilidade; do mesmo modo, o ar máis frío tende a descender e a afundirse encanto se mantiver máis frío do que o ar na súa veciñanza. Se a elevación de ar for suficientemente forte, o ar arrefece (adiabaticamente) até temperaturas por debaixo do punto de [[orballo]] e condensa, liberando calor latente que promove a elevación do ar e "alimenta" a treboada. Fórmanse cumulonimbos illados con grande desenvolvemento vertical (podendo ir até 10 ou 18 mil metros de altitude) alimentado polas correntes ascendentes de ar.
 
As treboadas pódense formar no interior das masas de ar (a partir da elevación do ar por [[convección]] - común en terra nas tardes de [[verán]] -cando o quecemento da superficie atinxe o seu pico- e sobre o mar nas madrugadas de inverno, cando as augas están relativamente quentes); por efecto orográfico -(a [[barlovento]] das grandes montañas) ou estar asociadas a [[fronte (meteoroloxía)|frontes]], sendo máis intensas no caso das frontes frías.
 
As treboadas máis fortes xéranse cando o ar quente e húmido sube rapidamente, con velocidades que poden chegar aos 160 km por hora, até altitudes máis elevadas e máis frías. En cada momento hai na orde de 2.000 treboadas en progreso sobre a superficie da [[Terra]]. Os [[lóstrego]]s prodúcense cando as partículas de xeo ou neve dunha nube comezan a caer dende grande altitude en dirección á superficie e corresponden á liberación de enerxía debida á diferenza de carga entre as partículas.