Rebento: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Cucumber leaf.jpg|thumb|Rebento dun [[cogombro]].]]
[[Ficheiro:Cucumber leaf.jpg|thumb|Rebento dun [[cogombro]].]]

Chámase '''rebento''' ou '''gromo''' aos novos crecementos das [[plantas]], que poden incluír [[talo]]s, [[Xema (botánica)|xema]]s e [[folla]]s. O gromo de [[xerminación]] da [[semente]] que medra cara arriba é un rebento que ha desenvolver follas. Na primavera, os rebentos de [[plantas perennes]] son o novo crecemento, dende o chan nas plantas [[herbácea]]s, ou o novo crecemento de [[flor]]es ou talos / caules nas plantas lígneas. O galego permite tamén os termos '''gomo''', '''abrocho''' e '''brote'''<ref>Termos preferidos en galego en ''Termos esenciais de botánica''. Santiago de Compostela, Universidade, 2004, VV. AA. e ''Vocabulario forestal''. Santiago de Compostela, Universidade, 2012, Deputación de Lugo</ref>.

Revisión como estaba o 23 de xuño de 2014 ás 21:57

Rebento dun cogombro.

Chámase rebento ou gromo aos novos crecementos das plantas, que poden incluír talos, xemas e follas. O gromo de xerminación da semente que medra cara arriba é un rebento que ha desenvolver follas. Na primavera, os rebentos de plantas perennes son o novo crecemento, dende o chan nas plantas herbáceas, ou o novo crecemento de flores ou talos / caules nas plantas lígneas. O galego permite tamén os termos gomo, abrocho e brote[1].

Cómpre non confundir os gromos cos talos, xa que estes fornecen o eixo para o crecemento das xemas, froitos e follas.

Logo dunha árbore se tallar ou queimar, o coto ou o toro dalgunhas especies coma os carballos (carballo común, sobreira, etc) ou os eucaliptos botan novos fillos tamén chamados rebentos.

Moitos animais aliméntanse dos abrochos por mor a que as fibras do novo crecemento aínda non completaron o desenvolvemento total da parede celular secundaria, e polo tanto, son máis tenros e doados de mastigar e dixeriren. Cando os gromos medran e envellecen, as células completan o desenvolvemento das paredes celulares que teñen unha estrutura dura e resistente. Algunhas plantas (por exemplo, os fentos) producen toxinas que fan que os seus rebentos sexan menos apetecíbeis aos herbívoros.

Os rebentos de moitas plantas (soia, alfalfa, etc) son un alimento habitual en moitas culturas. En Galiza o consumo está a medrar, especialmente en ensaladas e pratos orientais.

Notas

  1. Termos preferidos en galego en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004, VV. AA. e Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade, 2012, Deputación de Lugo

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Use {{traducido de}} na páxina de conversa deste artigo no canto deste marcador.