Francisco de Moure: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q932363
Liña 16: Liña 16:
{{ORDENAR:Moure}}
{{ORDENAR:Moure}}


[[Categoría:Escultores de Galicia]]
[[Categoría:Escultores de Galicia do Barroco]]
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]]

Revisión como estaba o 22 de xuño de 2014 ás 17:58

"A Inmaculada" de Francisco de Moure. Mosteiro de Samos

Francisco de Moure foi un escultor manierista e barroco.

Naceu contra 1595 en Santiago de Compostela. Moi cedo trasladaríase a Ourense, onde descubriría por medio do seu avó materno, canteiro de profesión, a súa vocación artística.

Viaxou a Castela, onde coñeceu os traballos de xente que deixarían unha fonda pegada nel, como Alonso Berruguete e Juan de Juni. Os seus comezos foron como aprendiz de Alonso Martínez, en Ourense. En 1598 comeza a traballar como escultor independente, realizando a escultura de San Roque da catedral de Ourense. Na súa primeira etapa destacan o retablo maior da Igrexa de Santo Estevo de Sandiás, e ó de San Pedro das Maos (Ourense). Máis adiante realizaría obras como o San Mauro da catedral de Ourense, o retablo da igrexa de Beade en Ribadavia, e cinco retablos para o convento de Samos.

Xa en Lugo, realizaría a súa obra mais importante, o Coro da Catedral de Lugo. O rematar o coro lucense, contrátano en Monforte de Lemos para a realización do retablo da capela maior da igrexa dos Xesuítas, o Colexio da nosa Señora da Antiga, unha impresionante obra, en tamaño e calidade artística, que non sería quen de rematar, pois en Monforte o sorprende a morte en 1636, sendo o seu fillo Francisco quen rematará a monumental obra.

Galería de imaxes