III Asemblea Nacionalista: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{enuso}} A '''III Asemblea Nacionalista''' celebrouse en Vigo o 16, 17 e 18 de abril de 1921. Entre os asembleístas figuraron Vicente Risco, Ramón Vilar Ponte, Antó..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2014 ás 08:47

A III Asemblea Nacionalista celebrouse en Vigo o 16, 17 e 18 de abril de 1921.


Entre os asembleístas figuraron Vicente Risco, Ramón Vilar Ponte, Antón Vilar Ponte, Luis Peña Novo, Xohan Vicente Viqueira, Valentín Paz Andrade, Victoriano Taibo, Antón Losada e Otero Pedrayo.

O asunto da participación electoral volveu figurar na orde do día, pero desta vez chegouse á conclusión de participar nas eleccións. O Directorio reservouse o dereito de decidir cando se interviría. Estas restricións do Directorio, provocan a aparición dun Consello Permanente que concentra os poderes da dirección composto por Antón Vilar Ponte, Manuel Banet Fontenla, o Conselleiro 1º da irmandade coruñesa e o mesmo Risco, quen soubo gañarse a Villar Ponte e Banet, controlando así o Consello.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos