Gabriel de Borbón: Diferenzas entre revisións
Liña 30: | Liña 30: | ||
En [[1759]] morría en [[Villaviciosa de Odón]] o rei de España, [[Fernando VI de España|Fernando VI]], tío de Gabriel, e Carlos ascendía o trono español como [[Carlos III de España|Carlos III]]. Gabriel, como a maior parte dos seus irmáns trasladouse á corte madrileña. Estes incluían ao [[Carlos IV de España|Príncipe de Asturias]], mentres que en Nápoles permanecían o infante don Felipe (que nacera cun severo caso de atraso mental, e foi consecuentemente apartado da sucesión) e o novo rei de Nápoles e Sicilia, [[Fernando I das Dúas Sicilias|Fernando]], nacido un ano antes que don Gabriel. |
En [[1759]] morría en [[Villaviciosa de Odón]] o rei de España, [[Fernando VI de España|Fernando VI]], tío de Gabriel, e Carlos ascendía o trono español como [[Carlos III de España|Carlos III]]. Gabriel, como a maior parte dos seus irmáns trasladouse á corte madrileña. Estes incluían ao [[Carlos IV de España|Príncipe de Asturias]], mentres que en Nápoles permanecían o infante don Felipe (que nacera cun severo caso de atraso mental, e foi consecuentemente apartado da sucesión) e o novo rei de Nápoles e Sicilia, [[Fernando I das Dúas Sicilias|Fernando]], nacido un ano antes que don Gabriel. |
||
En España don Gabriel chegou a ser Gran Prior da [[Orde de Malta|Orde Hospitalaria de San Juan]] en [[Castela e León]]. En [[1771]] encargou a [[Juan de Villanueva]] a construción da chamada [[Casiña do Infante (San Lorenzo de El Escorial)|Casiña do Infante]], levantada ao sur do [[ |
En España don Gabriel chegou a ser Gran Prior da [[Orde de Malta|Orde Hospitalaria de San Juan]] en [[Castela e León]]. En [[1771]] encargou a [[Juan de Villanueva]] a construción da chamada [[Casiña do Infante (San Lorenzo de El Escorial)|Casiña do Infante]], levantada ao sur do [[Mosteiro do Escorial|mosteiro escurialense]]. |
||
=== Matrimonio e vida adulta === |
=== Matrimonio e vida adulta === |
Revisión como estaba o 17 de xuño de 2014 ás 07:57
Gabriel de Borbón | |
---|---|
Infante de España | |
O infante Gabriel de Borbón, retratado por Anton Raphael Mengs. | |
Nacemento | 12 de maio de 1752 Palacio de Portici, Reino de Nápoles |
Falecemento | 23 de novembro de 1788 (36 anos) Casiña do Infante, San Lorenzo de El Escorial, España |
Cónxuxe/s | Mariana Victoria de Braganza |
Casa real | Casa de Borbón |
Proxenitores | Carlos III de España |
Na rede | |
Gabriel de Borbón e Saxonia, nado en Portici o 12 de maio de 1752 e finado en San Lorenzo de El Escorial o 23 de novembro de 1788, infante de España, fillo de Carlos III e irmán de Carlos IV de España e Fernando IV de Nápoles.
Traxectoria
Familia e infancia
O infante Gabriel era fillo de Carlos de Borbón, que por aquel entón era rei de Nápoles e Sicilia (baixo o nome de Carlos VII). Don Carlos era o presunto herdeiro do seu medio irmán, o rei Fernando VI de España, que non tiña fillos. A nai de don Gabriel era María Amalia de Saxonia, filla de Augusto III de Polonia.
O infante don Gabriel naceu en Portici en 1752, e foi bautizado cos nomes de Gabriel Antonio Francisco Javier Juan Nepomuceno José Serafín Pascual Salvador; desde a infancia foi o máis intelixente e traballador dos fillos do rei Carlos, que chegaría a ser un home de moita cultura, renomeado como excelente tradutor de Salustio e verdadeiro mecenas ilustrado. Tivo como profesor de música ao pai Antonio Soler, que compuxo varias dos seus sonatas de clavicémbalo expresamente para o seu avantaxado discípulo e os concertos para dous órganos para interpretalos a dúo con el na Basílica do Monasterio de El Escorial.
Adolescencia e traslado a España
En 1759 morría en Villaviciosa de Odón o rei de España, Fernando VI, tío de Gabriel, e Carlos ascendía o trono español como Carlos III. Gabriel, como a maior parte dos seus irmáns trasladouse á corte madrileña. Estes incluían ao Príncipe de Asturias, mentres que en Nápoles permanecían o infante don Felipe (que nacera cun severo caso de atraso mental, e foi consecuentemente apartado da sucesión) e o novo rei de Nápoles e Sicilia, Fernando, nacido un ano antes que don Gabriel.
En España don Gabriel chegou a ser Gran Prior da Orde Hospitalaria de San Juan en Castela e León. En 1771 encargou a Juan de Villanueva a construción da chamada Casiña do Infante, levantada ao sur do mosteiro escurialense.
Matrimonio e vida adulta
En 1785 casou coa infanta Mariana Vitoria de Portugal, primeiro por poderes en Lisboa o 12 de abril, e persoalmente o 23 de maio do mesmo ano, en Aranjuez. Doña Mariana Vitoria era filla do rei Pedro III de Portugal e da raíña María I de Portugal, e a irmá menor do rei Xoán VI.
A parella tivo tres fillos en total:
- Pedro Carlos (18 de xuño de 1786 - 4 de xullo de 1812).
- María Carlota (4-11 de novembro de 1787).
- Carlos José Antonio (28 de outubro - 9 de novembro de 1788).
Pouco logo de dar a luz ao seu último fillo, dona Mariana Vitoria caeu enferma de varíola, e finou o 2 de novembro dese mes; poucos días despois o seu fillo seguíaa á tumba, do mesmo xeito que o propio infante don Gabriel, que morreu o 23 dese mes en San Lorenzo de El Escorial. A súa morte foi un duro golpe para o seu pai, o rei, que falecería tamén pouco tempo despois. Están todos enterrados no Escorial. O seu fillo, Pedro Carlos de Borbón, foi criado pola súa avoa materna en Lisboa.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gabriel de Borbón |
Bibliografía
- Juan Martínez Cuesta, El Infante Don Gabriel de Borbón y Sajonia, Real Maestranza de Ronda, Madrid, 1998.
- Antonio Pau, Los retratos del Infante Don Gabriel, Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía, Madrid, 2006.