Carlos IV de España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 21: Liña 21:
[[Categoría:Nados en 1748]]
[[Categoría:Nados en 1748]]
[[Categoría:Finados en 1819]]
[[Categoría:Finados en 1819]]
[[Categoría:Casa de Borbón]]

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2014 ás 15:09

Carlos IV de España como cazador (retrato de Goya).

Carlos IV, nado en Portici (Italia) o 11 de novembro de 1748 e finado na mesma cidade o 20 de xaneiro de 1819, foi rei de España desde 14 de decembro de 1788 ata abdicar do trono en 1808 en favor de seu fillo Fernando VII.

Traxectoria

Foi bautizado co nome de Carlos Antonio Pascual Francisco Javier Juan Nepomuceno José Januario Serafin Diego. Era fillo de Carlos III de España, rei tamén das Dúas Sicilias, motivo polo cal naceu en Italia. No verán de 1765 foi chamado polo seu pai para informalo do noivado que lle fora decidido, como Príncipe de Asturias, coa princesa Maria Luísa de Parma.

Tivo un reino atribulado a partir de 1788, principalmente por abandonar o goberno na súa muller, María Luísa de Parma, e en Manuel Godoy, tido polo seu amante. O 19 de marzo de 1808 -tres anos despois da derrota na Trafalgar-, e dunha política desastrada, viuse obrigado polo fillo, a seguir do Motín de Aranjuez, a abdicar do trono no seu favor, que asumíu como Fernando VII. Procurou entón o apoio de Napoleón, para conseguir a devolución da súa coroa. Conseguiuno, mais por pouco tempo, pois Napoleón o obrigou a abdicar de novo, desta vez para entregar a coroa española a seu irmán Xosé Bonaparte.

Morreu no mesmo mes en que enviuvou, no Pazo dos reis de Nápoles, sendo sepultado posteriormente no mosteiro do Escorial.


Predecesor:
Rei Carlos VII das Dúas Sicilias
 Príncipe de Asturias 
1759-1788
Sucesor:
Príncipe Fernando de Borbón e Borbón-Parma
Predecesor:
Carlos III
 Rei de España 
1788 - 1808
Sucesor:
Xosé I

...