Baltasar Carlos de España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 1629 mediante HotCat
Liña 60: Liña 60:
[[Categoría:Nobres de España]]
[[Categoría:Nobres de España]]
[[Categoría:Nados en 1629]]
[[Categoría:Nados en 1629]]
[[Categoría:Nados en Madrid]]

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2014 ás 14:47

Baltasar Carlos de Austria
Príncipe de Asturias, Xirona e Viana, Duque de Montblanc, Conde de Cervera e Señor de Balaguer.
Retrato del príncipe Baltasar Carlos por Juan Bautista Martínez del Mazo, (Museo del Prado de Madrid).

Nacemento17 de outubro de 1629
Madrid, España
Falecemento9 de outubro de 1646
(16 años)
Zaragoza, España
Casa realCasa de Austria
ProxenitoresFilipe IV

Na rede
Find a Grave: 7643928 Editar o valor em Wikidata

Baltasar Carlos de Austria, nado en Madrid o 17 de outubro de 1629 e finado en Zaragoza o 9 de outubro de 1646 foi príncipe de Asturias, príncipe de Xirona, duque de Montblanc, conde de Cervera, señor de Balaguer, príncipe de Viana, e herdeiro universal de todos os reinos, estados e señoríos da Monarquía Hispánica ata a súa morte.

Traxectoria

Fillo do rei Filipe IV de España e da súa primeira esposa Isabel de Francia. Foi bautizado o 4 de novembro de 1629 na madrileña Parroquia de San Juan.[1] Os padrinos foron a infanta doña María, futura raíña de Hungría, e o infante don Carlos, tíos do recentemente nado, a quen levou en brazos dona Inés de Zúñiga y Velasco, condesas de Olivares (esposa do Conde-Duque de Olivares), nunha cadeira de cristal de roca, que se di era a alfaia máis preciosa que ata entón se viu.[2]

A propia condesas de Olivares, que tamén era Camareira maior da raíña Isabel, exerceu como aya do príncipe,[3] o que deu lugar a comentarios sobre o control que o conde-duque de Olivares exercía sobre o herdeiro.

O 7 de marzo de 1632 foi xurado ante a nobreza e as Cortes de Castela como "Herdeiro da súa Maxestade" e "Príncipe destos Reinos de Castela e León, e os demais desta Coroa a eles suxeitos, unidos, e incorporados, e pertencentes"[4] nunha cerimonia que tivo lugar no monasterio de San Jerónimo o Real de Madrid.[5]

Pronto se iniciaron xestións diplomáticas encamiñadas a buscarlle unha futura esposa, sendo a elixida a archiduquesa Mariana de Austria, filla do emperador Fernando III e da súa tía paterna, a infanta María Ana de Austria, e, xa que logo, prima irmá súa.[6]

Trala revolta catalá de 1640 Filipe IV tratou de gañarse aos aragoneses para conseguir diñeiro e homes para a nova fronte de guerra. Unha das medidas adoptadas encamiñadas a este fin foi traer ao príncipe Baltasar Carlos para ser xurado como príncipe herdeiro do Reino de Aragón.[7] O xuramento realizouse o 20 de agosto de 1645, cando o príncipe contaba con dezaseis anos de idade, na Catedral do Salvador de Zaragoza.[8] Así Baltasar Carlos pasaba a ser príncipe de Xirona,[9] Gobernador Xeral de Aragón, duque de Montblanc, conde de Cervera e señor da cidade de Balaguer.[10] Pola súa banda, o 13 de novembro dese mesmo ano, Baltasar Carlos foi xurado herdeiro polas Cortes de Valencia.[11]

En abril de 1646, desexoso Filipe IV de que o seu fillo fose xurado herdeiro da Coroa polos navarros,[12] como o ano anterior foino polos aragoneses, trasladouse xunto a este desde Madrid a Pamplona, onde, logo de recoñecerse os foros do reino navarro, celebrouse solemnemente aquela cerimonia o día 3 de maio.[13]

Finalizado o acto, a familia real, trasladouse a Zaragoza. O día 5 de outubro, véspera do segundo aniversario da morte da raíña Isabel de Borbón, Filipe IV e Baltasar Carlos asistiron ás vésperas e nocturno na súa memoria. Aquela mesma tarde o príncipe sentiuse doente e ao día seguinte, sábado 6 de outubro, tivo que quedarse en cama mentres o rei acudía ao funeral. A enfermidade, varíolas,[14] foi fulminante, así, o martes 9 de outubro, ás oito de mañá, o arcebispo de Zaragoza administráballe o viático. Dise que o "Santísimo" expúxose ata as tres da tarde, cando se fixo unha procesión xeral ao convento de Xesús, onde se levou á Virxe de Cogullada e tróuxolla procesionalmente ao altar da Seo onde se rodeou de velas e oracións.[15] Ás nove da noite dese mesmo día 9 de outubro, morría o príncipe Baltasar Carlos. Os seus restos permaneceron en Zaragoza ata a noite do 16 de outubro,[16]

Detalle do "Príncipe Baltasar Carlos a caballo" de Velázquez datado en 1635 (Museo del Prado de Madrid).

Consecuencias da morte de Baltasar Carlos

Notas

  1. "Segunda y mas verdadera relacion del bautismo del Principe de España nuestro señor, Baltasar Carlos Domingo, con todos los nombres de los Caualleros, y titulos que yuan en el acompañamiento"
  2. Boadilla del Monte
  3. Castilla convulsa, 1631-1652" (pag.77)
  4. Gelabert, Juan.E.: "Castilla convulsa, 1631-1652" (pag.78). Además, es de reseñar que para cuando se celebró, en San Jerónimo, la Jura de Baltasar Carlos, se optó por denominarlo sencillamente como "Príncipe destos Reinos", y no como Príncipe de Asturias, posiblemente como intento de homogeneizar la estructura de los antiguos reinos peninsulares, fin perseguido por el conde-duque de Olivares (Sampedro Escolar, José Luis: "La numeración de los Príncipes de Asturias", Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía, Madrid, 2004).
  5. Para máis información sobre este xuramento consultese: "Convocación de las Cortes de Castilla y juramento del Príncipe, nuestro Señor D, Baltasar Carlos, primero de este nombre, año 1632" de Antonio Hurtado de Mendoza (1632).
  6. Trala morte do novo príncipe en 1646, Mariana de Austria casaría co pai deste, o rei Filipe IV
  7. Maiso González, Jesús: "Baltasar Carlos y Zaragoza" (pag.2).
  8. Gómez de Blas, Juan: "Relacion del iuramento de los Fueros de Aragon, que hizo el Serenissimo Principe D. Baltsar Carlos, en la Iglesia Metropolitana de la Ciudad de Zaragoça, en veynte de Agosto, de 1645." Sevilla (1645)
  9. Malia que Baltasar Carlos xurou os fueros en 1646, o Reino de Navarra xa lle xurou como herdeiro nas Cortes de 1632. González Ollé, Fernando: "Biografía de José Sarabia, presunto autor da Canción real a unha mudanza"
  10. Maiso González, Jesús: "Baltasar Carlos y Zaragoza" (pag.4).
  11. Cortes del Reino de Valencia en Biblioteca virtual Miguel de Cervantes
  12. de Apraiz, Angel: "Vista de Pamplona. Pintura de un aurresku atribuida a Velázquez" (pag.2)
  13. "juramento que hizo el serenissimo principe don Baltasar Carlos, principe natural heredero deste Reyno de Navarra nuestro señor por su persona, en presencia del rey don Felipe sexto su padre nuestro señor, en la iglesia catedral de esta ciudad de Pamplona. Y el que en sus reales presencias prestaron a S.A. los Tres Estados deste Reyno estando junto en sus Cortes generales el año 1646." en "El corpus legislativo de Navarra en la etapa de los Austria (siglo XVI-XVII)" de Ostolaza Elizondo, María Isabel (pag. 35).
  14. Véxanse os pormenores da enfermidade e morte de Baltasar Carlos en "Relación de la enfermedad del Príncipe Nuestro Señor, escrita por el Padre Fray Juan Martínez, confesor de Su Majestad, para el Doctor Andrés de Uztarroz" (Zaragoza, 1646)
  15. "Muerte de príncipe de España" (1646) en "Baltasar Carlos y Zaragoza" de Jesús Maiso González (pag.4)
  16. Maiso González, Jesús: "Baltasar Carlos y Zaragoza" (pag.5)
Predecesor:
Filipe de Austria
Príncipe de Asturias
16321646
Sucesor:
Felipe Próspero de Austria
Predecesor:
Filipe de Austria
Príncipe de Viana
16321646
Sucesor:
Felipe Próspero de Austria
Predecesor:
Filipe de Austria
Príncipe de Xirona
16451646
Sucesor:
Felipe Próspero de Austria