Xil Ríos: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Músicos galegos; engado a Categoría:Personalidades da música de Galicia mediante HotCat |
engado imaxe |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Libreto_2.jpg|miniatura|280px|Xil Ríos.]] |
|||
'''Xosé Antón Xil Ríos''', coñecido artísticamente como '''Xil Ríos''', nado en [[Moaña]] é un [[cantante]], [[compositor]] e [[cantautor]] [[Galicia|galego]]. |
'''Xosé Antón Xil Ríos''', coñecido artísticamente como '''Xil Ríos''', nado en [[Moaña]] é un [[cantante]], [[compositor]] e [[cantautor]] [[Galicia|galego]]. |
||
Revisión como estaba o 13 de xuño de 2014 ás 09:02
Xosé Antón Xil Ríos, coñecido artísticamente como Xil Ríos, nado en Moaña é un cantante, compositor e cantautor galego.
Traxectoria
Provén dunha familia mariñeira. Comezou a súa traxectoria en 1971 no Festival "Dorna" de Vigo onde quedou segundo, tras Joan Baptista Humet co tema "Un anaco de pan". O seu primeiro sinxelo estreouse no Festival do Viño do Condado de 1972. Nel destaca o tema "Nosa Galicia", no que trata o problema da emigración. Tralo éxito deste tema, a primeira canción que el compuxo, foi bautizado polo escritor galego Xosé María Castroviejo como rapsoda de Moaña.
Outro tema salientábel é "Aos meus amigos", que foi vetado na televisión española durante o franquismo debido á súa temática reivindicativa dos dereitos mariñeiros.
No ano 1973 gañou o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Festival do Miño. Cómpre destacar o contido social e crítico das letras de Xil Ríos, que é contemporáneo doutros autores como Voces Ceibes.
Outros datos
- Ademais da vertente musical, Xil Ríos traballou como hostaleiro na súa localidade natal, Moaña.
- Foi futbolista moitos anos e chegou a adestrador do Moaña F.C.
- No ano 2008 "2001 Producciones Artísticas SL" elabora o recompilatorio 15 cancións de ouro de Xil Ríos, onde se pode atopar unha escolma simbólica da súa traxectoria.
- O seu disco orixinal Vai e vén (2004), constitúe o seu maior achegamento ao folk e nel colaboran artistas como Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane ou Uxía Senlle.
- Son da Alma (2010), nel explora a fusión entre os ritmos latinos e a música tradicional galega. Nel colaboran músicos da talla de Willy Mondeja.
Publicacións musicais de Xil Ríos
Individuais ou con colaboracións puntuais
- Un anaco de pan (1972)
- Nosa Galicia (1972)
- Miña Maruxiña (1973)
- Vamos a beillar (1974)
- Os mariñeiroso (1974)
- Xil Ríos (1974)
- Miña rapaciña (1975)
- Nunca cambiarás' (1976)
- Trouleada (1979)
- Xirarei (1980)
- A rapaciña galega (1980)
- Giraré (1980)
- Xirarei (1980)
- Tan ta ran tan (1981)
- Tan ta ran tan; Cantiga dos cegos (1981)
- Rapaciña Bonita(1985)
- Rapaciña Bonita; Miña compañeira (1985)
- De Carallada (1987)
- De carrallada; Morena (1987)
- Ledicia (1988)
- Nosa Galicia (1991)
- Romería galega (1992)
- Que non decaia (1992)
- Ai María, María (1992)
- Baila (1995)
- Xil Ríos (1996)
- O mellor de Xil Ríos (1999)
- Meu País (1999)
- Quen non decaia (2002)
- Vai e vén (2004)
- O mellor de Xil Ríos. Vol.II (2005)
- 15 cancións de ouro de Xil Ríos (2008)
- Son da Alma (2010)
Selección das publicacións colectivas
- Los mejores cantantes gallegos (1974)
- Recordo de Galicia (1975)
- Cancionero popular gallego (1989)
- Galicia Nai (con Xoán Rubia, 1992)
- A gran escolma da música galega. Solistas (1993)
- Así é a miña terra (1999)
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Web oficial de Xil Ríos
- Entrevista co gallo do lanzamento do disco Son da alma (PAI Música 2010)
- Video clip do tema Xa caerá, disco Son da alma (PAI Música 2010)
- Consello da Cultura
- Crítica do disco Que non decaia en La voz de Galicia
- Intervención de Xil Ríos como orador no acto "Arte na illa":
- Interpretación na TVG do tema "Xirarei"