Luís López Ballesteros: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes mediante HotCat |
Sen resumo de edición |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
Foi Ministro de Facenda durante a ''[[Década Ominosa]]'' con Fernando VII, durante 9 anos, que representa un tempo considerable para un cargo ministerial do século XIX, adoptando medidas de relevancia, coma a creación da [[Bolsa de Madrid]], a aprobación do [[Código de Comercio]], a ''Lei de Axuizamento dos Negocios e Causas Comerciais'' e a creación por primeira vez na historia de España dun orzamento anual co que se pretendía paliar a débeda. Tamén crea as ''Intendencias de Guerra e da Mariña'', a ''Junta de Fomento de Riqueza Pública'' e a ''Caixa de Amortización da Débeda''. Negociou con [[Restauración Francesa|Francia]] e [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |Inglaterra]] para liquidala débeda. Fundou o Banco Español de San Fernando, sobre as cinsas do Banco de San Carlos. Amais estableceu en Madrid o Conservatorio das Artes. Creará tamén a Inspección Fiscal de Aduanas e o ''expediente de responsabilidades dos funcionarios''. Por todo esto considerase o fundador da facenda moderna en España. |

⚫ | |||
== Últimos anos e descendencia == |
== Últimos anos e descendencia == |
||
⚫ | |||
Foi director da [[Real Academia da Historia]] e senador en tres ocasións; pola provincia de Pontevedra e pola da Coruña. É nomeado por [[Ramón María Narváez]] senador vitalicio en 1845. [[Juan Bravo Murillo]] nomeao presidente do Consejo de Ultramar. En 1846 [[Isabel II de España]] ofrécelle a carteira de Facenda, pero declina a proposición. |

Revisión como estaba o 10 de xuño de 2014 ás 21:01
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Luis López Ballesteros Varela 21 de xuño de 1782 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra |
Morte | 13 de outubro de 1853 (71 anos) Madrid |
Causa da morte | Pneumonía |
Cargos Ministro de Facenda (1822) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | Militar e político |
Partido político | Liberais moderados |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra da Independencia española |
Familia | |
Fillos | Diego López Ballesteros |
Premios | |
Lista
|
Luis López Ballesteros Varela, Señor do pazo da Golpilleira (Vilagarcía de Arousa, 21 de xuño de 1782 – Madrid, 13 de outubro de 1853). Militar e político galego.
Primeiros anos e Guerra da Independencia
- Artigo principal: Guerra da Independencia española.
Quedou orfo de pai ós 4 anos. Súa nai e toda a súa familia materna era de Dodro, señores do pazo de Tarrio. Estudou leis na Universidade de Santiago de Compostela. Durante a ocupación francesa de España proclamou a independencia da comarca de Vilagarcía, o 8 de maio de 1808 do Imperio Napoleónico, primeiro levantamento en Galicia[1]. As tropas francesas entraron en Vilagarcía un ano despois para tomar represalias. Foi vogal da Xunta Suprema do Reino de Galicia e coa represión napoleónica houbo de escapar nunha nave inglesa. En 1813 foi procurador síndico do Concello de Vilagarcía de Arousa. Durante a Guerra da Independencia exerce coma comisario de guerra.
Restauración absolutista
- Artigo principal: Reinado de Fernando VII de España.
En 1814 ingresa coma oficial duodécimo en Facenda e no 1818 Fernando VII noméao Director Xeral de Rendas. No ano 1820, trala proclamación do pronunciamento de Riego, solicita a xubilación por fidelidade ó monarca. O 24 de xaneiro de 1822 foi nomeado Ministro de Facenda, porén cesou do cargo ós 6 días. Unha vez concluído o Trienio Liberal, foi nomeado Ministro de Facenda o 2 de decembro de 1823.
Foi Ministro de Facenda durante a Década Ominosa con Fernando VII, durante 9 anos, que representa un tempo considerable para un cargo ministerial do século XIX, adoptando medidas de relevancia, coma a creación da Bolsa de Madrid, a aprobación do Código de Comercio, a Lei de Axuizamento dos Negocios e Causas Comerciais e a creación por primeira vez na historia de España dun orzamento anual co que se pretendía paliar a débeda. Tamén crea as Intendencias de Guerra e da Mariña, a Junta de Fomento de Riqueza Pública e a Caixa de Amortización da Débeda. Negociou con Francia e Inglaterra para liquidala débeda. Fundou o Banco Español de San Fernando, sobre as cinsas do Banco de San Carlos. Amais estableceu en Madrid o Conservatorio das Artes. Creará tamén a Inspección Fiscal de Aduanas e o expediente de responsabilidades dos funcionarios. Por todo esto considerase o fundador da facenda moderna en España.
Últimos anos e descendencia
En 1832 é nomeado Conselleiro de Estado pero una vez morto Fernando VII retirase da política.
Foi director da Real Academia da Historia e senador en tres ocasións; pola provincia de Pontevedra e pola da Coruña. É nomeado por Ramón María Narváez senador vitalicio en 1845. Juan Bravo Murillo nomeao presidente do Consejo de Ultramar. En 1846 Isabel II de España ofrécelle a carteira de Facenda, pero declina a proposición.
Estaba en posesión da Gran Cruz da Orde de Carlos III, da Orde de San Genaro de Nápoles, da Lexión de Honra de Francia, e da Orde da Torre e a Espada de Portugal.
Foi pai de Diego López Ballesteros, presidente do Congreso dos Deputados de España entre 1862 e 1863 amais ministro de Ultramar, así coma do xermanista e tradutor español Luis López Ballesteros y de Torres.
Predecesor: Luis Sorela Carcaño Juan Bautista Erro y Azpiroz |
Ministro de Facenda 24 de xaneiro - 30 de xaneiro de 1822 2 de decembro de 1823 - 30 de setembro de 1832 |
Sucesor: Luis Sorela Carcaño Victoriano de Encima y Piedra |
Predecesor: - |
Real Academia de la Historia: Medalla 30 1841 - 1853 |
Sucesor: Juan Manuel Montalbán y Hernanz |
Notas
- ↑ "Villagarcia rinde homenaje a los primeros en alzarse en armas contra la invasion francesa en 1808", ABC (24-5-2009), en castelán.
Véxase tamén
Bibliografía
- Libro sobre Ministros de Hacienda. Luis López Ballesteros, en pdf. Ministerio de Facenda.
- Rivas Santiago, Natalio. Luis López Ballesteros : gran ministro de Fernando VII. Madrid, 1945.