Luís López Ballesteros: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
'''Luis López Ballesteros Varela''', Señor do [[pazo da Golpilleira]] ([[Vilagarcía de Arousa]], 21 de xuño de 1782 – [[Madrid]], 13 de outubro de 1853). Militar e político galego. |
'''Luis López Ballesteros Varela''', Señor do [[pazo da Golpilleira]] ([[Vilagarcía de Arousa]], 21 de xuño de 1782 – [[Madrid]], 13 de outubro de 1853). Militar e político galego. |
||
== Primeiros anos |
== Primeiros anos e Guerra da Independencia == |
||
{{AP|Guerra da Independencia española}} |
{{AP|Guerra da Independencia española}} |
||
Quedou orfo de pai ós 4 anos. Súa nai e toda a súa familia materna era de [[Dodro]], señores do [[pazo de Tarrio]]. Estudou leis na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. |
Quedou orfo de pai ós 4 anos. Súa nai e toda a súa familia materna era de [[Dodro]], señores do [[pazo de Tarrio]]. Estudou leis na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. |
Revisión como estaba o 10 de xuño de 2014 ás 20:49
Luís López Ballesteros | |
---|---|
Luis López Ballesteros Varela | |
Datos persoais | |
Nacemento | 21 de xuño de 1782 |
Vilagarcía de Arousa, Pontevedra | |
Falecemento | 13 de outubro de 1853 |
Madrid | |
Organización | Liberais moderados |
Fillos | Diego López Ballesteros |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Profesión | Militar e político |
[ editar datos en Wikidata ] |
Luis López Ballesteros Varela, Señor do pazo da Golpilleira (Vilagarcía de Arousa, 21 de xuño de 1782 – Madrid, 13 de outubro de 1853). Militar e político galego.
Primeiros anos e Guerra da Independencia
- Artigo principal: Guerra da Independencia española.
Quedou orfo de pai ós 4 anos. Súa nai e toda a súa familia materna era de Dodro, señores do pazo de Tarrio. Estudou leis na Universidade de Santiago de Compostela. Durante a ocupación francesa de España proclamou a independencia da comarca de Vilagarcía, o 8 de maio de 1808 do Imperio Napoleónico, primeiro levantamento en Galicia[1]. As tropas francesas entraron en Vilagarcía un ano despois para tomar represalias. Foi vogal da Xunta Suprema do Reino de Galicia e coa represión napoleónica houbo de escapar nunha nave inglesa. En 1813 foi procurador síndico do Concello de Vilagarcía de Arousa. Durante a Guerra da Independencia exerce coma comisario de guerra.
Restauración absolutista
- Artigo principal: Reinado de Fernando VII de España.
En 1814 ingresa coma oficial duodécimo en Facenda e no 1818 Fernando VII noméao Director Xeral de Rendas. No ano 1820, trala proclamación do pronunciamento de Riego, solicita a xubilación por fidelidade ó monarca. O 24 de xaneiro de 1822 foi nomeado Ministro de Facenda, porén cesou do cargo ós 6 días. Unha vez concluído o Trienio Liberal, foi nomeado Ministro de Facenda o 2 de decembro de 1823.
Foi Ministro de Facenda durante a Década Ominosa con Fernando VII, durante 9 anos, que representa un tempo considerable para un cargo ministerial do século XIX, adoptando medidas de relevancia, coma a creación da Bolsa de Madrid, a aprobación do Código de Comercio, a Lei de Axuizamento dos Negocios e Causas Comerciais e a creación por primeira vez na historia de España dun orzamento anual co que se pretendía paliar a débeda. Tamén crea as Intendencias de Guerra e da Mariña, a Junta de Fomento de Riqueza Pública e a Caixa de Amortización da Débeda. Negociou con Francia e Inglaterra para liquidala débeda. Fundou o Banco Español de San Fernando, sobre as cinsas do Banco de San Carlos. Amais estableceu en Madrid o Conservatorio das Artes. Creará tamén a Inspección Fiscal de Aduanas e o expediente de responsabilidades dos funcionarios. Por todo esto considerase o fundador da facenda moderna en España. En 1832 é nomeado Conselleiro de Estado mais una vez morto Fernando VII retirase da política.
Últimos anos e descendencia
Foi director da Real Academia da Historia e senador en tres ocasións; pola provincia de Pontevedra e pola da Coruña. É nomeado por Ramón María Narváez senador vitalicio en 1845. Juan Bravo Murillo nomeao presidente do Consejo de Ultramar. En 1846 Isabel II de España ofrécelle a carteira de Facenda, pero declina a proposición.
Estaba en posesión da Gran Cruz da Orde de Carlos III, da Orde de San Genaro de Nápoles, da Lexión de Honra de Francia, e da Orde da Torre e a Espada de Portugal.
Foi pai de Diego López Ballesteros, presidente do Congreso dos Deputados de España entre 1862 e 1863 amais ministro de Ultramar, así coma do xermanista e tradutor español Luis López Ballesteros y de Torres.
Predecesor: Luis Sorela Carcaño Juan Bautista Erro y Azpiroz |
Ministro de Facenda 24 de xaneiro - 30 de xaneiro de 1822 2 de decembro de 1823 - 30 de setembro de 1832 |
Sucesor: Luis Sorela Carcaño Victoriano de Encima y Piedra |
Predecesor: - |
Real Academia de la Historia: Medalla 30 1841 - 1853 |
Sucesor: Juan Manuel Montalbán y Hernanz |
Notas
- ↑ "Villagarcia rinde homenaje a los primeros en alzarse en armas contra la invasion francesa en 1808", ABC (24-5-2009), en castelán.
Véxase tamén
Bibliografía
- Libro sobre Ministros de Hacienda. Luis López Ballesteros, en pdf. Ministerio de Facenda.
- Rivas Santiago, Natalio. Luis López Ballesteros : gran ministro de Fernando VII. Madrid, 1945.