Luís López Ballesteros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Infpolitico
{{Infpolitico
| nome = Luís López Ballesteros Varela
| nome = Luís López Ballesteros Varela
| imaxe = [[Ficheiro:Luis Lopez Ballesteros.JPG|190px]]
| imaxe = [[Ficheiro:Luis Lopez Ballesteros.JPG|205px]]
| datadenacemento = [[21 de xuño]] de [[1782]]
| datadenacemento = [[21 de xuño]] de [[1782]]
| cidadedenacemento = [[Vilagarcía de Arousa]], [[Pontevedra]]
| cidadedenacemento = [[Vilagarcía de Arousa]], [[Pontevedra]]
Liña 15: Liña 15:
'''Luis López Ballesteros Varela''', Señor do [[pazo da Golpilleira]] ([[Vilagarcía de Arousa]], 21 de xuño de 1782 – [[Madrid]], 13 de outubro de 1853). Militar e político galego.
'''Luis López Ballesteros Varela''', Señor do [[pazo da Golpilleira]] ([[Vilagarcía de Arousa]], 21 de xuño de 1782 – [[Madrid]], 13 de outubro de 1853). Militar e político galego.


== Primeiros anos e Guerra da Independencia ==
== Primeiros anos. Guerra da Independencia ==
{{AP|Guerra da Independencia española}}
{{AP|Guerra da Independencia española}}
Quedou orfo de pai ós 4 anos. Súa nai e toda a súa familia materna era de [[Dodro]], señores do [[pazo de Tarrio]]. Estudou leis na [[Universidade de Santiago de Compostela]].
Quedou orfo de pai ós 4 anos. Súa nai e toda a súa familia materna era de [[Dodro]], señores do [[pazo de Tarrio]]. Estudou leis na [[Universidade de Santiago de Compostela]].

Revisión como estaba o 10 de xuño de 2014 ás 20:48

Infotaula de personaLuís López Ballesteros Varela
Biografía
Nacemento(es) Luis López Ballesteros Varela Editar o valor em Wikidata
21 de xuño de 1782 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Morte13 de outubro de 1853 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Madrid
Causa da mortePneumonía Editar o valor em Wikidata
Cargos
Ministro de Facenda (1822)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónMilitar e político
Partido políticoLiberais moderados
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra da Independencia española Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosDiego López Ballesteros Editar o valor em Wikidata
Premios


Luis López Ballesteros Varela, Señor do pazo da Golpilleira (Vilagarcía de Arousa, 21 de xuño de 1782 – Madrid, 13 de outubro de 1853). Militar e político galego.

Primeiros anos. Guerra da Independencia

Quedou orfo de pai ós 4 anos. Súa nai e toda a súa familia materna era de Dodro, señores do pazo de Tarrio. Estudou leis na Universidade de Santiago de Compostela. Durante a ocupación francesa de España proclamou a independencia da comarca de Vilagarcía, o 8 de maio de 1808 do Imperio Napoleónico, primeiro levantamento en Galicia[1]. As tropas francesas entraron en Vilagarcía un ano despois para tomar represalias. Foi vogal da Xunta Suprema do Reino de Galicia e coa represión napoleónica houbo de escapar nunha nave inglesa. En 1813 foi procurador síndico do Concello de Vilagarcía de Arousa. Durante a Guerra da Independencia exerce coma comisario de guerra.

Restauración absolutista

En 1814 ingresa coma oficial duodécimo en Facenda e no 1818 Fernando VII noméao Director Xeral de Rendas. No ano 1820, trala proclamación do pronunciamento de Riego, solicita a xubilación por fidelidade ó monarca. O 24 de xaneiro de 1822 foi nomeado Ministro de Facenda, porén cesou do cargo ós 6 días. Unha vez concluído o Trienio Liberal, foi nomeado Ministro de Facenda o 2 de decembro de 1823.

Foi Ministro de Facenda durante a Década Ominosa con Fernando VII, durante 9 anos, que representa un tempo considerable para un cargo ministerial do século XIX, adoptando medidas de relevancia, coma a creación da Bolsa de Madrid, a aprobación do Código de Comercio, a Lei de Axuizamento dos Negocios e Causas Comerciais e a creación por primeira vez na historia de España dun orzamento anual co que se pretendía paliar a débeda. Tamén crea as Intendencias de Guerra e da Mariña, a Junta de Fomento de Riqueza Pública e a Caixa de Amortización da Débeda. Negociou con Francia e Inglaterra para liquidala débeda. Fundou o Banco Español de San Fernando, sobre as cinsas do Banco de San Carlos. Amais estableceu en Madrid o Conservatorio das Artes. Creará tamén a Inspección Fiscal de Aduanas e o expediente de responsabilidades dos funcionarios. Por todo esto considerase o fundador da facenda moderna en España. En 1832 é nomeado Conselleiro de Estado mais una vez morto Fernando VII retirase da política.

Últimos anos e descendencia

Foi director da Real Academia da Historia e senador en tres ocasións; pola provincia de Pontevedra e pola da Coruña. É nomeado por Ramón María Narváez senador vitalicio en 1845. Juan Bravo Murillo nomeao presidente do Consejo de Ultramar. En 1846 Isabel II de España ofrécelle a carteira de Facenda, pero declina a proposición.

Estaba en posesión da Gran Cruz da Orde de Carlos III, da Orde de San Genaro de Nápoles, da Lexión de Honra de Francia, e da Orde da Torre e a Espada de Portugal.

Foi pai de Diego López Ballesteros, presidente do Congreso dos Deputados de España entre 1862 e 1863 amais ministro de Ultramar, así coma do xermanista e tradutor español Luis López Ballesteros y de Torres.


Predecesor:
Luis Sorela Carcaño
Juan Bautista Erro y Azpiroz
 Ministro de Facenda 
24 de xaneiro - 30 de xaneiro de 1822
2 de decembro de 1823 - 30 de setembro de 1832
Sucesor:
Luis Sorela Carcaño
Victoriano de Encima y Piedra
Predecesor:
-
 
Real Academia de la Historia: Medalla 30
 
1841 - 1853
Sucesor:
Juan Manuel Montalbán y Hernanz

Notas

Véxase tamén

Bibliografía