Luís López Ballesteros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
+ datos
Dodro (conversa | contribucións)
bibliografía
Liña 38: Liña 38:
{{End box}}
{{End box}}
{{Start box}}
{{Start box}}
{{succession box | título = [[Ficheiro:Coat of Arms of the Spanish Royal Academy of History.svg|50px|center]] [[Real Academia de la Historia]]<br />Medalla 30
{{succession box | título = [[Ficheiro:Coat of Arms of the Spanish Royal Academy of History.svg|50px|center]] [[Real Academia de la Historia]]: Medalla 30
|período = [[1841]] - [[1853]]
|período = [[1841]] - [[1853]]
|predecesor = -
|predecesor = -
Liña 47: Liña 47:
== Notas ==
== Notas ==
{{listaref}}
{{listaref}}

== Vease también ==
=== Bibliografía ===
* [http://www.meh.es/Documentacion/Publico/SGT/LIBRO%20MINISTROS%20DE%20HACIENDA/114-187.pdf ''Libro sobre Ministros de Hacienda. Luis López Ballesteros''], en ''pdf''. ''Ministerio de Hacienda''.
* Rivas Santiago, Natalio. ''Luis López Ballesteros : gran ministro de Fernando VII''. Madrid, 1945.


{{ORDENAR:Lopez Ballesteros, Luis}}
{{ORDENAR:Lopez Ballesteros, Luis}}

Revisión como estaba o 10 de xuño de 2014 ás 19:34

Luís López Ballesteros
Luis López Ballesteros Varela
Datos persoais
Nacemento21 de xuño de 1782
 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Falecemento13 de outubro de 1853
 Madrid
OrganizaciónLiberais moderados
FillosDiego López Ballesteros
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
ProfesiónMilitar e político
editar datos en Wikidata ]

Luis López Ballesteros Varela, Señor do pazo da Golpilleira (Vilagarcía de Arousa, 21 de xuño de 1782 – Madrid, 13 de outubro de 1853). Militar e político galego.

Biografía

Quedou orfo de pai ós 4 anos. Súa nai e toda a súa familia materna era de Dodro, señores do pazo de Tarrio. Estudou leis na Universidade de Santiago de Compostela. Durante a ocupación francesa de España proclamou a independencia da comarca de Vilagarcía, o 8 de maio de 1808 do Imperio Napoleónico, primeiro levantamento en Galicia[1]. As tropas francesas entraron en Vilagarcía un ano despois para tomar represalias. Foi vogal da Xunta Suprema do Reino de Galicia e coa represión napoleónica houbo de escapar nunha nave inglesa. En 1813 foi procurador síndico do Concello de Vilagarcía de Arousa. Durante a Guerra da Independencia exerce coma comisario de guerra.

En 1814 ingresa coma oficial duodécimo en Facenda e no 1818 Fernando VII noméao Director Xeral de Rendas. No ano 1820, trala proclamación do pronunciamento de Riego, solicita a xubilación por fidelidade ó monarca. O 24 de xaneiro de 1822 foi nomeado Ministro de Facenda, porén cesou do cargo ós 6 días. Unha vez concluído o Trienio Liberal, foi nomeado Ministro de Facenda o 2 de decembro de 1823.

Foi Ministro de Facenda durante a Década Ominosa con Fernando VII, durante 9 anos, que representa un tempo considerable para un cargo ministerial do século XIX, adoptando medidas de relevancia, coma a creación da Bolsa de Madrid, a aprobación do Código de Comercio, a Lei de Axuizamento dos Negocios e Causas Comerciais e a creación por primeira vez na historia de España dun orzamento anual co que se pretendía paliar a débeda. Tamén crea as Intendencias de Guerra e da Mariña, a Junta de Fomento de Riqueza Pública e a Caixa de Amortización da Débeda. Negociou con Francia e Inglaterra para liquidala débeda. Fundou o Banco Español de San Fernando, sobre as cinsas do Banco de San Carlos. Amais estableceu en Madrid o Conservatorio das Artes. Creará tamén a Inspección Fiscal de Aduanas e o expediente de responsabilidades dos funcionarios. Por todo esto considerase o fundador da facenda moderna en España. En 1832 é nomeado Conselleiro de Estado mais una vez morto Fernando VII retirase da política.

Foi director da Real Academia da Historia e senador en tres ocasións; pola provincia de Pontevedra e pola da Coruña. É nomeado por Ramón María Narváez senador vitalicio en 1845. Juan Bravo Murillo nomeao presidente do Consejo de Ultramar. En 1846 Isabel II de España ofrécelle a carteira de Facenda, pero declina a proposición.

Estaba en posesión da Gran Cruz da Orde de Carlos III, da Orde de San Genaro de Nápoles, da Lexión de Honra de Francia, e da Orde da Torre e a Espada de Portugal.

Foi pai de Diego López Ballesteros, presidente do Congreso dos Deputados de España entre 1862 e 1863 amais ministro de Ultramar, así coma do xermanista e tradutor español Luis López Ballesteros y de Torres.


Predecesor:
Luis Sorela Carcaño
Juan Bautista Erro y Azpiroz
 Ministro de Facenda 
24 de xaneiro - 30 de xaneiro de 1822
2 de decembro de 1823 - 30 de setembro de 1832
Sucesor:
Luis Sorela Carcaño
Victoriano de Encima y Piedra
Predecesor:
-
 
Real Academia de la Historia: Medalla 30
 
1841 - 1853
Sucesor:
Juan Manuel Montalbán y Hernanz

Notas

Vease también

Bibliografía