Jaime Pita: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes mediante HotCat |
m engado a Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra mediante HotCat |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
[[Categoría:Nados en 1944]] |
[[Categoría:Nados en 1944]] |
||
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]] |
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]] |
||
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra]] |
Revisión como estaba o 10 de xuño de 2014 ás 08:37
Jaime Alberto Pita Varela, nado en Betanzos o 13 de xuño de 1944, é un político galego do Partido Popular, e foi vicepresidente segundo do Parlamento de Galicia no último mandato do fraguismo.
Traxectoria
É neto do construtor orixinal do famoso "Globo de Betanzos", Claudino Pita Pandelo. Estudou Técnicas Directivas nas universidades de Santiago de Compostela e de Navarra, accedendo por oposición á praza de profesor de bacharelato.
En 1983 presentouse coma candidato á alcaldía de Betanzos, por Alianza Popular. A pesar da derrota, obtivo o cargo de concelleiro, que revalidaría nos anos 1987, 1991 e 1995 (nas dúas últimas ocasións xa baixo as siglas do Partido Popular). Igualmente, e dende 1989, compaxinou esta labor coa de deputado no Parlamento de Galicia, do que fixo parte dende a III lexislatura, e no que foi voceiro do Partido Popular nas lexislaturas V e VI. De marcado conservadorismo, cómpre salientar deste período as súas rifas verbais coa oposición, especialmente con Xosé Manuel Beiras, voceiro do Bloque Nacionalista Galego.
En 1999 foi nomeado Conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas, no terceiro goberno de Manuel Fraga, razón pola que dimitiu coma concelleiro de Betanzos. Mantivo o cargo no seguinte goberno da Xunta ata o ano 2005]].
Predecesor: Dositeo Rodríguez |
Conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas 1999 - 2005 |
Sucesor: José Luis Méndez Romeu |