Martin Karplus: Diferenzas entre revisións
corrixo caixa |
|||
Liña 37: | Liña 37: | ||
* [http://www.chemistry.msu.edu/Lectureships/lectures.asp?series=MTR&Year=1995 Biografía] {{en}} |
* [http://www.chemistry.msu.edu/Lectureships/lectures.asp?series=MTR&Year=1995 Biografía] {{en}} |
||
* [http://www.mkarplusphotographer.com/ Páxina oficial de fotografía de Martin Karplus] {{en}} |
* [http://www.mkarplusphotographer.com/ Páxina oficial de fotografía de Martin Karplus] {{en}} |
||
{{Nobel de Química}} |
|||
{{ORDENAR:Karplus, Martin}} |
{{ORDENAR:Karplus, Martin}} |
||
Revisión como estaba o 7 de xuño de 2014 ás 10:43
Martin Karplus, nado o 15 de marzo de 1930 en Viena, é un químico teórico estadounidense. É profesor de química na Universidade Harvard dende 1979. Tamén é director do Laboratorio de Química Biofísica, un laboratorio conxunto entre o Centre national de la recherche scientifique e a Universidade de Estrasburgo, en Francia. O seu irmán, Robert Karplus, foi un físico e educador internacionalmente recoñecido da Universidade de California, Berkeley.
En 2013 obtivo o Premio Nobel de Química.
Contribucións
Martin Karplus ten contribuído de forma significativa en moitos campos da fisicoquímica, incluíndo a espectroscopia de resonancia magnética nuclear, a dinámica química, a química cuántica, e sobre todo, as simulacións de dinámica molecular de macromoléculas biolóxicas.