Ovidio Murguía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31: Liña 31:
Concorreu a algunhas exposicións, pero a súa curta vida non lle permitiu callar a obra que, sen dúbida, o seu temperamento estaba destinado. A pintura de Ovidio Murguía figura nos museos de [[Galicia]], especialmente nos [[Museo Provincial de Pontevedra|de Pontevedra]] e [[Museo de Belas Artes da Coruña|da Coruña]], onde está a máis representativa.
Concorreu a algunhas exposicións, pero a súa curta vida non lle permitiu callar a obra que, sen dúbida, o seu temperamento estaba destinado. A pintura de Ovidio Murguía figura nos museos de [[Galicia]], especialmente nos [[Museo Provincial de Pontevedra|de Pontevedra]] e [[Museo de Belas Artes da Coruña|da Coruña]], onde está a máis representativa.


En marzo de 2014 a [[Fundación Rosalía de Castro]] presenta un cadro inédito de Ovidio Murguía que vén de adquirir para os seus fondos. A obra non está catalogada ao non abandonar nunca a casa da familia Bustelo Calvo-Sotelo de [[Ribadeo]]; todo parece indicar que a peza é unha encomenda. O cadro "Árbore de montaña", é quizais a obra de maior tamaño (190 x 130 cm) pintada por Ovidio Murguía. A data 1899 figura xunto á sinatura do pintor galego<ref name="test">[http://www.galiciae.com/nova/320020-fundacion-rosalia-presenta-cuadro-catalogado-ovidio-murguia "A Fundación Rosalía presenta un cadro non catalogado de Ovidio Murguía"], ''Galiciaé'' (22-3-2014).</ref>.
En marzo de 2014 a [[Fundación Rosalía de Castro]] presenta un cadro inédito de Ovidio Murguía que vén de adquirir para os seus fondos. A obra non está catalogada ao non abandonar nunca a casa da familia Bustelo Calvo-Sotelo de [[Ribadeo]]; todo parece indicar que a peza é unha encomenda. O cadro ''Árbore de montaña'', é quizais a obra de maior tamaño ''(190x130 cm)'' pintada por Ovidio Murguía. A data 1899 figura xunto á sinatura do pintor galego<ref name="test">[http://www.galiciae.com/nova/320020-fundacion-rosalia-presenta-cuadro-catalogado-ovidio-murguia "A Fundación Rosalía presenta un cadro non catalogado de Ovidio Murguía"], ''Galiciaé'' (22-3-2014).</ref>.


Ovidio Murguía de Castro falece prematuramente de [[tuberculose]] no [[1900]] con tan só 28 anos de idade, feito que máis tarde faría que Barreiro e [[Felipe Bello Piñeiro|Bello Piñeiro]] o encadrase dentro da [[Xeración Doente]].
Ovidio Murguía de Castro falece prematuramente de [[tuberculose]] no [[1900]] con tan só 28 anos de idade, feito que máis tarde faría que Barreiro e [[Felipe Bello Piñeiro|Bello Piñeiro]] o encadrase dentro da [[Xeración Doente]].

Revisión como estaba o 5 de xuño de 2014 ás 19:11

Ovidio Murguía Castro
NomeOvidio Murguía Castro
Nacemento2 de xullo de 1871
 Lestrobe
Falecemento1 de xaneiro de 1900
 A Coruña
Nacionalidadegalega
Na rede
BUSC: murguia-ovidio-1871-1900 Find a Grave: 224040901 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ovidio Murguía Castro, nado en Lestrobe (Dodro) o 2 de xuño de 1871 e finado na Coruña o 1 de xaneiro de 1900, foi un pintor galego.

Traxectoria

Naceu no pazo de Hermida, fillo dos escritores Rosalía de Castro, de quen herdou o seu sentimento artístico, e Manuel Murguía, quedou orfo de nai aos 14 anos. Comezou a pintar en Santiago de Compostela, na Real Sociedad Económica de Amigos del País, da que era profesor o artista José María Fenollera. En 1895 trasladouse a Madrid, pero non seguiu os camiños habituais de San Fernando nin as posibles pensións para Roma, por aquel entón pouco menos que imprescindible para facer carreira oficial.

O seu parentesco co novelista Alejandro Pérez Lugín, en cuxa casa residía, permitiulle asistir a faladoiros literarios e relacionarse con artistas. Saía ao campo, na zona do Guadarrama, a pintar paisaxes do natural, e acodía con frecuencia ao Museo do Prado, onde realizou copias dos grandes mestres, para exercitarse no oficio de pintor.

O seu pai, home ambicioso, relacionouo con políticos influentes da época, para os que realizou escenas de xénero, moi en voga por entón, e decoracións murais para os seus palacios. Así, en 1898 leva a cabo á súa primeira encomenda importante, un conxunto de obras que o politico galego Montero Ríos lle encarga paza ornar o pazo de Lourizán[1]. Ovidio cumpre estas encargas, aínda que non de moi boa gana, ate que decide liberarse deles por completo e vivir sen traballar, unha vida que a súa precaria saúde non tolera.

Concorreu a algunhas exposicións, pero a súa curta vida non lle permitiu callar a obra que, sen dúbida, o seu temperamento estaba destinado. A pintura de Ovidio Murguía figura nos museos de Galicia, especialmente nos de Pontevedra e da Coruña, onde está a máis representativa.

En marzo de 2014 a Fundación Rosalía de Castro presenta un cadro inédito de Ovidio Murguía que vén de adquirir para os seus fondos. A obra non está catalogada ao non abandonar nunca a casa da familia Bustelo Calvo-Sotelo de Ribadeo; todo parece indicar que a peza é unha encomenda. O cadro Árbore de montaña, é quizais a obra de maior tamaño (190x130 cm) pintada por Ovidio Murguía. A data 1899 figura xunto á sinatura do pintor galego[2].

Ovidio Murguía de Castro falece prematuramente de tuberculose no 1900 con tan só 28 anos de idade, feito que máis tarde faría que Barreiro e Bello Piñeiro o encadrase dentro da Xeración Doente.

Galería de imaxes

Notas

  1. Fundación Rosalía de Castro (22 de maio de 2014) A Casa-Museo vén de adquirir un cadro descoñecido de Ovidio Murguía. "Ovidio falece con 28 anos cando daba cabo á súa primeira encomenda importante, un conxunto de obras para (...) Montero Ríos (...) encomenda realizada polo político galego en 1898, en Madrid".
  2. "A Fundación Rosalía presenta un cadro non catalogado de Ovidio Murguía", Galiciaé (22-3-2014).

Véxase tamén

Bibliografía

  • VV. AA.: Catalogo da exposición 'Xeración Doente' Fundación Caixa Galicia A Coruña 1993
  • Catálogo del Patrimonio Artístico de la Diputación de A Coruña, volume 1 e volume 2 (en castelán).

Outros artigos

Ligazóns externas