Dodro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 105: Liña 105:
* [[Anxo Angueira]], é un filólogo, estudoso da literatura galega e escritor. É o actual presidente da [[Fundación Rosalía de Castro]] que ten a súa sede na [[Casa Museo Rosalía de Castro]].
* [[Anxo Angueira]], é un filólogo, estudoso da literatura galega e escritor. É o actual presidente da [[Fundación Rosalía de Castro]] que ten a súa sede na [[Casa Museo Rosalía de Castro]].


* [[Eusebio Lorenzo Baleirón]], foi un filólogo e escritor galego, destacando na súa faceta poética. O certame de poesía que se celebra en Dodro leva o seu nome para conmemorar a súa figura. O irmán de Eusebio, [[Manuel Lorenzo Baleirón]] e a súa filla [[María Lorenzo Miguens]] son tamén escritores e poetas en lingua galega.
* [[Eusebio Lorenzo Baleirón]], foi un filólogo e escritor galego, destacando na súa faceta poética. O certame de poesía que se celebra en Dodro leva o seu nome para conmemorar a súa figura. O irmán de Eusebio, [[Manuel Lorenzo Baleirón]] e a súa filla [[María Lorenzo Miguens]] son tamén escritores en lingua galega.


* [[Ramón Reboiras]], escritor é xornalista galego. Columnista na edición galega de [[El País]], colabora amais noutras revistas. Traballou para diversas publicacións culturais españolas.
* [[Ramón Reboiras]], escritor é xornalista galego. Columnista na edición galega de [[El País]], colabora amais noutras revistas. Traballou para diversas publicacións culturais españolas.

Revisión como estaba o 5 de xuño de 2014 ás 16:29

Dodro
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]dodrense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Sar
Poboación2.934 hab. (2013)[2][3]
Área36,1 km²[3]
Densidade81,27 hab./km²
Entidades de poboación26 aldeas en 3 parroquias[4]
Capital do concelloTallós
Política (2011)
AlcaldeValentín Alfonsín Somoza (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais en Dodro
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes98,97%
Na rede
www.concellodedodro.org
Facebook: concellodedodro Twitter: Conc_deDodro Instagram: concello_de_dodro Youtube: UCwdYGaLyfJcPapFPltGqnQQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dodro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta con 2.934 habitantes (1.435 homes e 1.499 mulleres) (3.029 no 2009, 3.087 no 2006, 3.122 no 2005, 3.162 no 2004, 3.209 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «dodrense».

Evolución da poboación de Dodro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.181 3.213 3.262 3.542 3.162 2.977
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello de Dodro sitúase a uns 20 quilómetros de Santiago de Compostela, no sur da provincia da Coruña. Situado na vertente dereita do río Ulla, limita ó co concello de Rois, ó leste co de Padrón e ó oeste cos municipios de Lousame e Rianxo.

Non hai núcleos poboacionais importantes, á beira da estrada AC-305, a antiga C-550, atópase a maioría das casas. Ten a capitalidade do concello en Tallós onde se sitúa a casa consistorial que data do ano 1906. Este municipio pertence, xunto con Padrón e Rois, á comarca do Sar aínda que pola súa localización está moi vinculada á veciña comarca do Barbanza.

As vinte e seis aldeas que configuran este concello distribúense en 3 parroquias: San Xoán de Laíño, Laíño e Dodro.

Ocupando os 36,08 quilómetros cadrados de superficie que ten o concello e albergando os 3.234 habitantes deste concello. A parroquia máis poboada é Santa María de Dodro con 1.286 veciños distribuídos en 7,20 quilómetros cadrados, seguida de San Xoán de Laíño con 1.159 nunha superficie de 17,18 quilómetros cadrados e, por último, San Xián de Laíño con 789 habitantes en 11,70 quilómetros cadrados. Este é un concello rural, sen unha vila na capital.

Se falamos do medio físico do concello, podemos defini-la localidade de Dodro como unha zona prelitoral situada na Depresión Meridiana que é aproveitada polo río Ulla ó dirixirse cara á súa desembocadura. Polo tanto, este concello, está caracterizado por un nivel chairego que liga coas ladeiras da Serra do Barbanza. Así, nun espazo tan pequeno coexisten dúas áreas ben contrastadas, Unha baixa, coincidente co val do Ulla no que se atopa a paraxe natural das Brañas de Laíño, e outra, no norte do concello, montañosa e de gran riqueza forestal.

O punto máis alto é a Lomba da Poza con 576 metros seguido do Monte Morouzas, o monte Caldebarcas con 312 metros e do Carboeiro e Vilar, que forman unha pequena serra cara o leste da Serra do Barbanza e que defenden as terras máis baixas das inclemencias dos ventos do primeiro cuadrante. Todas estas cotas descenden ata o nivel do mar, protexendo toda a bisbarra e os seus importantes cultivos. O declive é bastante pronunciado pois son alturas considerables que descenden catro ou cinco quilómetros ata o nivel do mar.

Dodro atópase no dominio climático oceánico-hiperhúmido que se caracteriza por unha concentración das precipitacións de inverno, arredor dos 1.500 mm, sequidade estival, néboas, escasa presencia de xeadas e unha temperatura media de 12 ºC cunha oscilación térmica superior ós 10 ºC.

No tocante á economía, o sector servizos é o que ocupa a unha maior parte da poboación activa. Dodro nunca foi un concello con forte tradición agrícola nin gandeira e, nos últimos anos, unha serie de trocos e reformas fixo que este sector quedase relegado a unha agricultura a tempo parcial, onde na maioría dos casos se trata dun suplemento á economía doméstica. Respecto ás explotacións gandeiras, no pasado as vacas empregábanse para a axuda nos labores agrícolas e tamén para obter leite e produtos lácteos destinados á venda, o que supoñía unha boa axuda para as economías domésticas. Pero a partir dos anos 70 e 80, coa intensificación do sector, a cota leiteira supuxo unha gran diminución deste tipo de produción. Ademais destas explotacións agrícolas e gandeiras, existe unha granxa avícola, industrias derivadas da agricultura e da pesca e unha granxa cinexética.

Patrimonio histórico

Da cultura do megalitismo consérvanse catro mámoas, entre elas a mámoa da Paradegua e a mámoa de Balouta[6].

Da idade de bronce hai varios gravados rupestres[7], como o petróglifo de Bouza Abadín, os da Carga e A Pedra Redonda (Vigo), Outeiro dos Corvos (en Susavila, cazoletas), A Cabana (Masenlle), Lomba das Pozas (Bustelo, dúas rochas con gravuras de cazoletas e unha ferradura), Padronelo (en Bexo) e Bouza Nova (na Igrexa, San Xoán de Laíño). Durante a construción de vivendas unifamiliares apareceron tamén lascas de seixo e cerámica campanense e do Bronce Inicial, o que se denominou como o xacemento de San Xián de Laíño[8].

Cultura castrexa

Da idade do ferro hai varios poboados castrexos, estando cinco deles catalogados: o castro de Bexo, o de Castro, o do monte Sián en Revixós, o de Lestrobe e o de Traxeito.

O castro de Bexo está preto da aldea do mesmo nome. É o máis pequeno, e o castro grande é coñecido pola veciñanza como as murallas do castro ou o castelo. Ten forma alongada e conserva parte dos seus cintós pétreos de murallas circundando unha gran terraza. Nas súas croas distínguense restos de vivendas e topáronse nel abundantes restos cerámicos.

O poboado de Castro está ao sur da actual aldea do mesmo nome, no camiño que vén dende Imo, e está moi deteriorado. No Sián, en Revixós, atopáronse algúns fragmentos de cerámica de diferentes épocas (castrexa, romana e medieval). Inicialmente debeu ser asentamento da Idade do Ferro, ocupado despois en momentos posteriores ata que se formou a actual aldea de Revixós. Está moi alterado e non presenta estruturas visibles.

O Castro de Lestrobe está nun outeiro a carón da aldea do mesmo nome, na ladeira do Monte do Castro. Manuel Murguía durante as súas estadías no Pazo dos Hermida, observou fragmentos de tégulas, ladrillos romanos, restos de condución de cerámica moi fina e doutros materiais.

O Castro de Traxeito está na aba do monte Meismadela e culmina o val onde nace o río que será despois de Vigo ou de San Lufo. Ten unha croa redondeada rodeada por diferentes terrazas e atópanse nel cerámicas e tégulas[9].

Idade moderna e contemporánea

A Cruz do Avelán é un cruceiro de capela ou loreto do século XVII, sendo polo tanto o máis antigo de Galicia[10], e o de Bustelo, do século XIX e cun antigo uso funerario. Entre as igrexas parroquiais destacan as deSanta María de Dodro, San Xián de Laíño e Xoán de Laíño, as de Santa María e Xoán do século XVIII e a de San Xián do XVI, de boa construción barroca. A capela de Mauro de Bexo é do século XVI e a da Virxe do Leite, tamén moi antiga.

O muiño da Devesa é un muíño de regato ou cubo utilizado para moer gran. Antigamente tamén se utilizaba para producir electricidade. Unha particularidade deste muíño é a grande altura que se tentou acadar na construción da canle para darlle forza á auga e facelo funcionar[11].

Entre os pazos, destacan o pazo de Tarrío, do que saíu o ministro de facenda de 1822 Luís López Ballesteros; o pazo de Lestrobe, antiga residencia de verán dos bispos e canónigos composteláns; o pazo de Hermida, residencia de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, escenario da sinatura do pacto de Lestrobe (26 de marzo de 1930), todos eles pazos actualmente en perfectas condicións. O pazo dos Bendaña está derruído, atopándose os seus principais motivos ornamentais e a súa torre no Pazo de Meirás, en Sada.

Persoeiros de Dodro

  • Fortunato Cruces, foi un incansable escritor e prolífico xornalista galego que desenvolveu a súa carreira en Bos Aires a principios do século XX.
  • José Vázquez Batalla, foi un avogado e político galego de ideoloxía republicana. Fundou e dirixiu o semanario El Regenerador Padronés. Celebrouse no ano 1930 o Pacto de Lestrobe baixo o seu auspicio, no Pazo de Hermida, do que era dono.
  • Avelino Abuín de Tembra, foi un escritor galego. Estudou Filosofía e Letras e licenciouse en Filoloxía Románica. Foi un promotor incansable de eventos culturais galegos. Impulsor da Ruta Rosaliana e do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que leva o nome dese poeta de Dodro, colaborou en numerosas publicacións xornalísticas galegas e na radio, en programas de carácter cultural.
  • Moncho Reboiras, foi un activista político galego que militou na UPG e morreu nun enfrontamento armado en Ferrol, no ano 1975, coa Policía Armada.
  • Ramón Reboiras, escritor é xornalista galego. Columnista na edición galega de El País, colabora amais noutras revistas. Traballou para diversas publicacións culturais españolas.

Política e goberno

O concello de Dodro ten a súa capital, polo menos dende o ano 1906, na aldea de Tallós, aínda que antes tamén o foron as aldeas de Lestrobe e Vigo; a Casa Consistorial data do ano 1906, aínda que foi restaurada na década dos 90 polo mal estado no que se atopaba, sobre todo o arquivo. O primeiro alcalde documentado foi Domingo Manselle, o máis lonxevo José Fernando Vila Brión, ocupando o cargo na actualidade Valentín Alfonsín Somoza.

O pleno do concello está composto por once edís, que na actualidade se reparten en, 6 para o PPdeG, 2 para o PSdeG-PSOE e 3 para a BNG; o goberno actual está composto polos edís do PPdeG pasando á oposición o PSdeG-PSOE e o BNG. O goberno actual está composto por:

Festas e celebracións

  • Feira rural de Dodro (Festa do Carneiro) o último domingo do mes de xuño.
  • Festas de Teaio (S. Antonio) o día 15 de xullo
  • Festas de Bexo (Virxes do Carme e de Belén e S. Mauro) o venres e sábado seguintes ó 16 de xullo.
  • Festas de Dodro (S. Campio, S. Roque e Santa Lucía) dende o domingo, luns e martes seguintes ó 15 de agosto.
  • Festas de Lestrobe (Aflixidos) o último domingo do mes de agosto e o luns e martes seguintes.
  • Festas de Imo e Castro (S. Roque e Virxe das Dores) o primeiro domingo de setembro e o luns seguinte.
  • Festas patronais da Virxe do Leite, en Laiño, o domingo, luns e martes seguintes ó 8 de setembro.
  • Festas de Manselle (Virxe das Dores) o último domingo do mes de setembro.
  • Festas de Tallós (S. Antonio) a fin de semana máis próxima ó 17 de xaneiro.
  • Romaría da Cruz do Avelán (xunto ó cruceiro do mesmo nome) a principios do mes de xuño.

Dodro na cultura popular

  • Como chove miudiño,/ como miudiño chove,/ pola banda de Laíño,/ pola banda de Lestrobe.
    "Como chove miudiño", Escolma poética-Cantares Gallegos (1863). Rosalía de Castro[12].
  • En Dodro tamén aparecen tradicións vinculadas a antigas supersticións; coma a do río de San Lufo (o río de Vigo), no que se somerxía ós nenos que padecían algún mal tres veces, nas augas do río[13][14].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Dodro.

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dodro

Dodro (Santa María) | Laíño (San Xián) | San Xoán de Laíño (San Xoán)

Lugares de Dodro

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Dodro vexa: Lugares de Dodro.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Dodro".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. "Xacemento arqueolóxico máis antigo de Dodro", artigo de Refoxeiro no blog O miradoiro da Revoltiña', 18 de setembro de 2009.
  7. "Dodro. Restos Arqueológicos", Guía de viajes y turismo por Galicia (2011-2013) (en castelán).
  8. Petróglifos de Galiza/Galicia I, no blog O Noso Patrimonio, xullo de 2011.
  9. Manuel Lorenzo Baleirón: "Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga", en pdf, páxina 86.
  10. Turgalicia (31-3-2013) Cruceiro de Avelán
  11. Muíño da Devesa, artigo de Refoxeiro no seu blog O miradoiro da Revoltiña.
  12. Escolma poética-Cantares Gallegos (1863); "Como chove miudiño". Rosalía de Castro.
  13. Manuel Murguía: "Galicia: Sus Monumentos y Artes: Su Naturaleza e Historia", en castelán.
  14. Jesús Rodríguez López "Supersticiones de Galicia", en castelán.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas