Fundación Juan March: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. adapt. da wiki en castelán
 
Liña 54: Liña 54:
*[http://www.elmundo.es/elmundo/2013/03/08/baleares/1362746009.html Juan March Ordinas. El magnate del silencio].
*[http://www.elmundo.es/elmundo/2013/03/08/baleares/1362746009.html Juan March Ordinas. El magnate del silencio].


[[Categoría:Fundacións]]
[[Categoría:Fundacións de España]]

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2014 ás 17:47

Modelo:Fundación

A Fundación Juan March é unha instituión fundada en 1955 polo financeiro mallonquín Juan March, a imitación da Fundación Rockefeller e a Fundación Carnegie, para promover a ciencia e a cultura.

Historia

Juan March dotou inicialmente á Fundación con 1,5 millóns de dólares (300 millóns de pesetas) e, á súa morte, legoulle 12 millóns de dólares (2.000 millóns de pesetas).

Tras os primeiros vinte anos dedicados a financiar bolsas e axudas, desde que en 1975 se inaugurou o edificio da rúa Castelló, de Madrid, onde ten hoxe a súa sede, é unha fundación operativa que programa e organiza os seus propios actos por varias comunidades autónomas, de acceso libre e gratuíto: exposicións de arte, concertos musicais e ciclos de conferencias e seminarios.

Edita libros de diversos temas, e ten aberta unha biblioteca de música e teatro españois contemporáneos.

A Fundación Juan March é a titular do Museo de Arte Abstracta Española, de Cuenca, e do Museu Fundació Joan March, de Palma de Mallorca.

A través do Instituto Juan March de Estudos e Investigacións, promove a investigación especializada e a cooperación entre científicos españois e estranxeiros.

Bibliotecas

A Fundación Juan March ten abertas na súa sede dúas grandes bibliotecas para investigadores: unha especializada en música e teatro españois contemporáneos, cun fondo de artes escénicas dos séculos XIX, XX e XXI, e que conta con importantes legados, tales como a doación, en 1993, da biblioteca persoal do escritor Julio Cortázar; a colección de ilusionismo, o maior fondo bibliográfico de maxia e prestidixitación en España, doado en 1988 por José Puchol de Montís; legados de compositores españois como Salvador Bacarisse ou Joaquín Turina, da saga dos dramaturgos Fernández-Shaw ou de Antonia Mercé "La Argentina", fondos todos eles que a Fundación foi incrementando desde entón.

Mentres que a outra é a Biblioteca do Centro de Estudos Avanzados en Ciencias Sociais, (CEACS), cun fondo altamente especializado e que conta tamén con importantes doacións, como o arquivo persoal dp profesor Juan J. Linz, con máis de 76.000 recortes de prensa dos anos cruciais da Transición española e outros. O seu catálogo, integramente automatizado, recolle cerca de 62.348 volumes sobre Ciencia Política, Socioloxía e Economía, e é accesíbel en liña. A Biblioteca do CEACS coopera con outras redes de información nacionais e internacionais.

No ámbito literario hai que destacar tamén a doación que efectuou o 30 de decembro de 1960 ao Ministerio de Educación do manuscrito do Cantar de mio Cid, que o Ministerio adscribiu á Biblioteca Nacional.[1]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Díaz Nosty, Bernardo (1977): La irresistible ascensión de Juan March. Barcelona: Ediciones Sedmay, S. A. ISBN 84-7380-240-3.
  • Garriga, Ramón (1976): Juan March y su tiempo. Barcelona: Ed. Planeta. ISBN 84-3205-620-0.

Ligazóns externas