Castelo do Castro de Ouro: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
m Castelo de Castrodouro movida a Castelo do Castrodouro: O nome de lugar O Castrodouro (tamén abreviado O Castro) ten a tradición de levar artigo |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 24 de marzo de 2007 ás 17:38
Situación
O Castelo de Castrodouro atópase na parroquia do Castro, no Concello de Alfoz exactamente en "O Castro de Ouro, Alfoz".
Historia
Edificado sobre un antigo e importante castro romano, pertenceu ao longo da Idade Media á Mitra mindoniense, despois de preitearen os veciños de Alfoz pola súa propiedade, e de ser precisa e decisiva a intervención dos Reis.
Cando a finais do século XV degolan a Pardo de Cela, era Mariscal o seu dono por mor, probablemente, de formar parte do dote da súa voda. Cando en decembro do 1483 Pero Pardo de Cela foi axustizado, volve ao poder da Mitra mindoniense, a cal, rexida polo bispo Diego de Soto, entre os anos 1546 e 1549, fai reformas. O Padre Flórez expresa que
La fortaleza de castro de Oro estaba muy obscura, sin ventanas, por lo que era húmeda y enferma. Rompió las Murallas por tres partes, y abrio buenas ventanas, que dan vista y alegría a la casa: y ya tenía comprado el hierro para asegurarlas con unas rejas fuertes
Por estas palabras podemos presupor que esta fortaleza non foi derrubada polos Reis Católicos –na súa política de afogar economicamente a familia dos Pardo de Cela- xa que simplemente precisou unha reforma; se tivese sido derruída no 1483, aproveitarían para refacela e deixala en perfectas condicións.
Actividades
No verán do ano 2006 celebráronse no castelo de Castrodouro unhas xornadas sobre Pardo de Cela.
Castrodouro, a casa de Fonsa Yáñez, e a Frouseira son lugares mitificados -tal e como di o profesor da Universidade de Santiago Carlos Barros- pola historiografía galeguista que simboliza en Pardo de Cela unha inexistente Galicia tardomedieval independentista