Anxo Angueira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
completo información
Liña 19: Liña 19:
Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde realiza estudos de [[Filoloxía Hispánica]] coa especialidade en [[lingua galega]]. Na época universitaria seguiu residindo en Padrón, onde traballaba.
Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na [[Universidade de Santiago de Compostela]], onde realiza estudos de [[Filoloxía Hispánica]] coa especialidade en [[lingua galega]]. Na época universitaria seguiu residindo en Padrón, onde traballaba.


Traballa na Facultade de Filoloxía e Tradución da [[Universidade de Vigo]] e como profesor de lingua e literatura galegas no [[IES Meixoeiro]], residindo en [[Vigo]] onde ten dous fillos e está casado.
Posteriormente comeza a traballar na Facultade de Filoloxía e Tradución da [[Universidade de Vigo]] e como profesor de lingua e literatura galegas no [[IES Meixoeiro]], residindo en [[Vigo]] onde ten dous fillos e está casado.


Publica diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participa na fundación e na elaboración do manifesto das ''[[Redes Escarlata]]'' e colabora na publicación da [[CUT]] ''O Xornal'' e na revista ''[[A Trabe de Ouro (revista)|A Trabe de Ouro]]''. Foi coordinador do premio de poesía [[Premio Eusebio Lorenzo Baleirón|Eusebio Lorenzo Baleirón]].
Publica diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participa na fundación e na elaboración do manifesto das ''[[Redes Escarlata]]'' e colabora na publicación da [[CUT]] ''O Xornal'' e na revista ''[[A Trabe de Ouro (revista)|A Trabe de Ouro]]''. Foi coordinador do premio de poesía [[Premio Eusebio Lorenzo Baleirón|Eusebio Lorenzo Baleirón]].

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2014 ás 17:00

Infotaula de personaAnxo Angueira
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1961 (63 anos)
Manselle, Dodro Galicia Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Director de teseXosé Bieito Arias Freixedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticonarrativa, poesía, ensaio
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Facebook: anxo.angueira Instagram: anxoangueira AELG: 11 Dialnet: 594493 Editar o valor em Wikidata


Anxo Angueira Viturro, nado en Manselle (Dodro) o 13 de xaneiro de 1961, é un escritor e estudoso da literatura galega. É o actual presidente da Fundación Rosalía de Castro[1] que ten a súa sede na Casa Museo Rosalía de Castro no lugar da Matanza en Padrón, tomando posesión do cargo o día 1 de xuño de 2012[2].

Traxectoria

Sempre vinculado á súa vila natal, viviu dous anos da súa infancia en Asados ata que se trasladou a Padrón onde realizou os estudos de Bacharelato. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa literatura galega da man do seu mestre de lingua castelá, Bernardino Graña. Gañou algúns premios en concursos literarios, de poesía e narrativa, organizados no propio instituto.

Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza estudos de Filoloxía Hispánica coa especialidade en lingua galega. Na época universitaria seguiu residindo en Padrón, onde traballaba.

Posteriormente comeza a traballar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e como profesor de lingua e literatura galegas no IES Meixoeiro, residindo en Vigo onde ten dous fillos e está casado.

Publica diferentes ensaios e artigos de investigación literaria. Participa na fundación e na elaboración do manifesto das Redes Escarlata e colabora na publicación da CUT O Xornal e na revista A Trabe de Ouro. Foi coordinador do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

Durante o ano 2008 participou no espectáculo Rosalía 21, unha revisitación en clave de jazz da poesía de Rosalía de Castro, xunto o pianista Abe Rábade e a cantante Guadi Galego.

Dende xuño de 2012 ostenta o cargo de presidente da Fundación Rosalía de Castro que ten a súa sede na Casa Museo de Rosalía no concello de Padrón.

Obra

Ficheiro:Anxo Angueira 2.jpg

Narrativa

  • Bágoas de facer illas, 1997, Xerais.
  • Pensa Nao, 1999, Xerais.
  • A morte de A., 2003, Xerais.
  • Iria, 2012, Xerais.

Poesía

Ensaio

  • De Rosalía a Dieste. 33 anos das letras, 1995, Xerais.
  • Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro, 2003, AELG-Xunta de Galicia.
  • A espiral no espello, 2009, Xerais.

Edicións

Obras colectivas

  • Redondela, en Unha liña no ceo. 58 narradores galegos 1979-1996, 1996, Xerais.
  • Mini-relatos, 1999. Librería Cartabón.
  • O cura de Fruíme en Materia prima. Narrativa galega contemporánea, 2002, Xerais.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Negra sombra, 2003, Espiral Maior.
  • Rebelados en Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata, 2003, Difusora.
  • Son de poesía, 2005, Edições Fluviais, Lisboa.
  • X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
  • Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
  • Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
  • Que lle podo ofrecer a quen me intente?, 2011, Xerais. Coordinador do volume xunto a Teresa Bermúdez.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.

Premios recibidos

  • Accésit Premio Esquío 1988, polo poemario Val de Ramirás.
  • Gañador do certame poético Ruta do Mar de Arousa e río Ulla en 1992 con O mar e o río do regreso.
  • Accésit do premio de poesía Camiño de Santiago en 1994 polo poema O valo de Manselle.
  • Premio Café Dublín 1996, polo libro de relatos Bágoas de facer illas.
  • Premio Xosé María Díaz Castro en 1997 por Libro da Vertixe.
  • Premio Xerais de novela en 1999 por Pensa nao.

Notas

  1. A Fundación Rosalía de Castro: Executiva da Fundación.
  2. La Voz de Galicia (2-6-2012) «Angueira aposta por reactivar os Estudos Rosalianos». "O escritor foi elixido onte novo presidente da fundación padronesa".

Véxase tamén

Ligazóns externas