Mamede de Capadocia: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Nados en Turquía mediante HotCat |
|||
Liña 9: | Liña 9: | ||
Son moitas as parroquias e accidentes xeográficos en Galicia adicadas á súa advocación. A implantación do [[cristianismo]] en comunidades rurais da [[Gallaecia]] supuxo a substitución de tradicións galaicas prerromanas referidas a deidades masculinas adolescentes da [[natureza]] pola figura deste santo mozo. |
Son moitas as parroquias e accidentes xeográficos en Galicia adicadas á súa advocación. A implantación do [[cristianismo]] en comunidades rurais da [[Gallaecia]] supuxo a substitución de tradicións galaicas prerromanas referidas a deidades masculinas adolescentes da [[natureza]] pola figura deste santo mozo. |
||
En [[ |
En [[Bilbao]] existiu existiu o maior orfanato de [[Europa]] baixo o seu padroado. |
||
{{sencat}} |
|||
[[Categoría:Santos (Catolicismo)]] |
[[Categoría:Santos (Catolicismo)]] |
Revisión como estaba o 4 de xuño de 2014 ás 06:41
Mamede de Capadocia, nado en 259 e finado na Capadocia en 275, foi un mártir cristián, coñecido como San Mamede.
Lenda
Fillo de Teodoto e Rufina dous plebeios cristiáns encarcerados e martirizados cando neno. Naceu en prisión e foi adoptado por unha viuva patricia que ao seu pasamento deixoulle a súa herdanza cando só tiña 15 anos. Mamede utilizou á súa fortuna para favorecer aos marxinados e non ocultou a súa condición de cristiá. Isto fíxoo vítima dunha dura represión por parte do Gobernador de Cesarea.
Tras sufrir cadea e torturas, fuxiu ao monte onde conviviu entre as feras, tendo a facultade de amansalas. Localizado e detido, foi sometido á morte no circo ceibándolle varios leóns, pero estes respectárono e amosáronlle docilidade. En consecuencia, foi atravesado polo tridente dun gladiador ata falecer desangrado.
Significación
Son moitas as parroquias e accidentes xeográficos en Galicia adicadas á súa advocación. A implantación do cristianismo en comunidades rurais da Gallaecia supuxo a substitución de tradicións galaicas prerromanas referidas a deidades masculinas adolescentes da natureza pola figura deste santo mozo.
En Bilbao existiu existiu o maior orfanato de Europa baixo o seu padroado.