Mamede de Capadocia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 259 mediante HotCat
m engado a Categoría:Finados en 275 mediante HotCat
Liña 16: Liña 16:
[[Categoría:Venerados polas Igrexas Ortodoxas]]
[[Categoría:Venerados polas Igrexas Ortodoxas]]
[[Categoría:Nados en 259]]
[[Categoría:Nados en 259]]
[[Categoría:Finados en 275]]

Revisión como estaba o 4 de xuño de 2014 ás 06:39

Mamede de Capadocia, nado en 259 e finado na Capadocia en 275, foi un mártir cristián, coñecido como San Mamede.

Lenda

Fillo de Teodoto e Rufina dous plebeios cristiáns encarcerados e martirizados cando neno. Naceu en prisión e foi adoptado por unha viuva patricia que ao seu pasamento deixoulle a súa herdanza cando só tiña 15 anos. Mamede utilizou á súa fortuna para favorecer aos marxinados e non ocultou a súa condición de cristiá. Isto fíxoo vítima dunha dura represión por parte do Gobernador de Cesarea.

Tras sufrir cadea e torturas, fuxiu ao monte onde conviviu entre as feras, tendo a facultade de amansalas. Localizado e detido, foi sometido á morte no circo ceibándolle varios leóns, pero estes respectárono e amosáronlle docilidade. En consecuencia, foi atravesado polo tridente dun gladiador ata falecer desangrado.

Significación

Son moitas as parroquias e accidentes xeográficos en Galicia adicadas á súa advocación. A implantación do cristianismo en comunidades rurais da Gallaecia supuxo a substitución de tradicións galaicas prerromanas referidas a deidades masculinas adolescentes da natureza pola figura deste santo mozo.

En Bilbo existiu existiu o maior orfanato de Europa baixo o seu padroado.