Museo do Mar de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 52: Liña 52:


==Centros relacionados==
==Centros relacionados==
O Museo ademais coordina o "Centro Arqueolóxico de Salinae", que alberga os restos dunha salina romana, xunto con un centro de interpretación de reducido tamaño, que nos relata brevemente o papel da sal en [[Roma]] e as características do xacemento.
O Museo ademais coordina o "[[Centro Arqueolóxico de Salinae]]", que alberga os restos dunha salina romana, xunto con un centro de interpretación de reducido tamaño, que nos relata brevemente o papel da sal en [[Roma]] e as características do xacemento.


==Galería de imaxes==
==Galería de imaxes==

Revisión como estaba o 2 de xuño de 2014 ás 10:07

Museo do Mar de Galicia
Ficheiro:Museo do Mar Vigo.jpg
Museo do mar de Galicia, Vigo.
Coordenadas42°13′28″N 08°46′12″O / 42.22444, -8.77000
PaísGalicia
CidadeVigo
Inauguración2002
Na rede
http://museodomar.xunta.gal/gl
editar datos en Wikidata ]

O Museo do Mar de Galicia é un centro cultural e científico adicado ao mar, inaugurado en xuño do 2002 situado na Punta do Muíño, na parroquia viguesa de Alcabre.

Arquitectura

Foi proxectado polo arquitecto galego César Portela e o italiano Aldo Rossi,e levado a cabo por Portela Á morte do Último. A construción toma como base a estrutura da antiga fábrica de conservas de Alcabre, sendo esta a maiores ampliada no deseño.

Consta de tres edificios: Un edificio principal, outro secundario ao que se accede a través dunha pasarela, o acuario e un pequeno restaurante. Na contorna hai tamén un faro de estrutura metálica e unha rompente.

Na entrada, hai unha pequena baixada empedrada, franqueada por dúas fileiras de árbores e nun lateral desta hai un mural policromado feito con gres de Burela, concibido por Francisco de Sales Covelo e interpretado por Isaac Díaz Pardo na factoría do Grupo Sargadelos en Sargadelos en 2003.

O edificio consta de recoñecemento mundial, como unha grande obra arquitectónica, recibindo visitas de estudantes de arquitectura de diversos países.

O Museo

Os edificios conteñen a exposición permanente do museo, e ademais aloxan diversas exposicións temporais de temáticas moi variadas, na medida do posible relacionadas co mar.

O primeiro edificio, contén a recepción, onde se tramitan as entradas, e un pequeno espazo de tenda para a venda de produtos relacionados co mar e recordos, as salas de exposicións temporais, e as primeiras salas da exposición permanente, que serían O Gabinete do naturalista, a Homenaxe o desastre do Prestige e Exploración do mundo submarino, xunto con algunhas pezas illadas, principalmente fotografías da zona mariñeira de Vigo e maquetas de diferentes embarcacións.

A través dunha pasarela acristalada que permite ver o castro de Alcabre e a Ría de Vigo, accédese ao segundo edificio. Nel hai unha gran sala con diversos bloques temáticos, incluíndo embarcacións tradicionais, Industria conserveira e Industria baleeira.

No edificio do Acuario hai unha pequena mostra da fauna que habita a Ría de Vigo, dende a costa ata as Illas Cíes, entre outras especies, varias pintarroxas, douradas, rubios, linguados...

Oferta cultural

O Museo, conta cunha extensa oferta cultural, que se basea principalmente en actividades ofertadas a colexios e familias.

Os visitantes poden participar nunha serie de talleres didácticos orientados cara nenos e pais, así como visitas escolares e asociacións. Estes, poden comprender diferentes temáticas, que abarcan dende "O naturalista do s. XIX" ata a "Cultura Mariñeira de Galicia".

Aparte de estes talleres, os visitantes poden asistir en datas sinaladas a eventos como a alimentación dos peixes do Acuario, ou a actividades realizadas exclusivamente para exposicións temporais, como pases guiados ou talleres especiais.

Aparte, o propio Museo participa nunha serie de actividades de investigación como A memoria do mar, o proxecto Neuston ou o Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.

Estas actividades poden solicitarse chamando o Museo de Martes a Venres. Tamén existe a opción de que os visitantes deixen o seu correo electrónico enchendo unha ficha en recepción, e todas estas ofertas e actividades lle serán remitidas.

Centros relacionados

O Museo ademais coordina o "Centro Arqueolóxico de Salinae", que alberga os restos dunha salina romana, xunto con un centro de interpretación de reducido tamaño, que nos relata brevemente o papel da sal en Roma e as características do xacemento.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas