Mercedes Peón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 63: Liña 63:


{{ORDENAR:Peon, Mercedes}}
{{ORDENAR:Peon, Mercedes}}
[[Categoría:Músicos galegos]]
[[Categoría:Personalidades da música de Galicia]]
[[Categoría:Vocalistas]]
[[Categoría:Vocalistas]]
[[Categoría:Gaiteiros]]
[[Categoría:Gaiteiros]]

Revisión como estaba o 31 de maio de 2014 ás 11:08

Mercedes Peón
Concerto no Warszawa Cross Culture Festival 2011
OrixeOza dos Ríos, Galicia
Xénero(s)Folk
Selo(s) discográfico(s)Discmedi
Na rede
www.mercedespeon.es
IMDB: nm0679281 Facebook: 100041938582548 Instagram: mercedes_peon Musicbrainz: 279c3bd0-8bd5-4a69-8ccd-cf371108271b Songkick: 178772 Discogs: 795864 Genius: Mercedes-peon Editar o valor em Wikidata

Mercedes Peón, nada en Oza dos Ríos en 1967, é unha cantante e instrumentista galega.

Traxectoria

Fíxose moi popular como presentadora do programa de entretemento Luar (TVG) no que traballou mostrando as súas investigacións de máis de 10 anos percorrendo as aldeas galegas na busca da tradición oral e as músicas máis ancestrais.

Primeiras gravacións

As súas primeiras gravacións foron colaboración con outros artistas galegos como Xosé Manuel Budiño, Os Diplomáticos de Monte-Alto ou co antigo grupo de Manu Chao, Mano Negra.

Nesta altura formou o grupo Ajrú, co que unicamente gravaría uns temas recollidos no compilatorio Naciones Celtas II. Probablemente o seu tema máis popular sexa o tema principal da serie Mareas vivas (TVG).

Mercedes Peón participou en dúas edicións do Festival de Ortigueira, nos anos 2002 e 2007.

Discografía

* Isué (2000)
* Ajrú (2003)
* Sihá (2007)
* Sós (2010)

Galardóns e nomeamentos

É unha das artistas galegas máis destacadas dos primeiros anos do século XXI. Ten recibido recoñecementos a nivel internacional no ámbito da música de folk, como son o premio a mellor disco da revista Folkworld (2000) polo disco Isué. Foi finalista na categoría de mellor artista do ano (2000) nos premios da radio BBC3.

Foi Premio Nacional de Música en 2008.

Premios Mestre Mateo

Ano Categoría Produción Resultado
2002 Mellor banda sonora Mareas vivas Nomeada

Véxase tamén

Ligazóns externas