Club Deportivo Ourense: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m elimino a Categoría:Equipos de fútbol galegos; engado a Categoría:Equipos de fútbol de Galicia mediante HotCat |
||
Liña 391: | Liña 391: | ||
{{Segunda División B1}} |
{{Segunda División B1}} |
||
[[Categoría:Equipos de fútbol |
[[Categoría:Equipos de fútbol de Galicia|Ourense]] |
||
[[Categoría:Equipos do grupo I da Segunda División B Española|Ourense]] |
[[Categoría:Equipos do grupo I da Segunda División B Española|Ourense]] |
||
[[Categoría:Deporte en Ourense]] |
[[Categoría:Deporte en Ourense]] |
Revisión como estaba o 30 de maio de 2014 ás 17:53
Ourense | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Ourense S.A.D. | ||
Fundación | 10 de setembro de 1952 | ||
Estadio | O Couto Ourense, Galicia | ||
Inauguración | 1949 | ||
Capacidade | 5.659 persoas | ||
Presidente | Alejandro Estévez | ||
Adestrador | Luisito | ||
Liga | 2ªB – Grupo 1 | ||
2013–14 | 8º | ||
Vestimenta | Macron | ||
Na rede | |||
http://www.cdourense.org/ | |||
| |||
O Club Deportivo Ourense é un club de fútbol de Galicia, da cidade de Ourense. Foi fundado no 1952, logo da desaparición da Unión Deportiva Orensana, e actualmente compite na Segunda División B.
O Ourense xogou 13 tempadas na Segunda División Española, acadando o terceiro posto nas tempadas 1959/60 e 1961/62. Entre os seus títulos constan dúas Copa Federación e 8 ligas de Terceira División.
Historia
Orixes
O Club Deportivo Ourense ten as súas orixes na Unión Deportiva Orensana, fundada no 1942. Ao ano seguinte logrou o ascenso á Tercera División, onde xogou ata 1949, cando logrou subir á Segunda División debido a ampliación do número de equipos.[1]
A UD Orensana debutou en Segunda na tempada 1949–50 e mantívose tres campañas na división de prata, con postos na zona media da clasificación, até que descendeu na tempada 1951–52 ao rematar antepenúltimo, en 14º lugar. Ese mesmo ano chegaron á final da Copa Federación, perdendo co Real Jaén. Logo dese partido, a directiva anunciou suspensión de pagos ao non poder pagar aos xogadores, que marcharon a outros equipos. Ao non poder continuar coa xestión, a entidade desapareceu.
Nacemento do Club Deportivo Ourense
O Club Deportivo Ourense constituíuse o 10 de setembro do 1952, con Jesús Díaz Varela na presidencia.[2] O club, formado con xogadores locais e afeccionados, debutou en división rexional, pero logrou o ascenso á Terceira División o primeiro ano debido a unha vacante. Tras unha primeira tempada de consolidación na categoría marcouse como obxectivo o ascenso á Segunda División.
O equipo clasificouse para as fases finais polo ascenso en tres ocasións consecutivas, acadándoo finalmente no cuarto intento na tempada 1958–59, tras derrotar ao CD Getxo. Logo de acadar o terceiro posto na tempada de debut en Segunda División, o equipo mantívose cinco anos máis na división de prata. Na campaña 1964–65 descendeu ao finalizar en penúltimo lugar do seu grupo.[3]
Nas seguintes campañas logrouse unha forte superioridade sobre os rivais nas categorías rexionais, copando as primeiras posicións do seu grupo. No 1969 conséguese o regreso á segunda división tras vencer ao Bilbao Athletic, se ben só se permaneceu alí un ano ao terminar en última posición. Regresouse de novo no 1973, permanecendo dúas campañas até un novo descenso.
Vinte anos até o ascenso
Coa introdución da Segunda División B, o CD Ourense tivo dificultades para emprender o obxectivo do ascenso e atravesou unha crise deportiva. No 1980 non puido evitar descender á Terceira División, manténdose nela ata 1985. Nove anos despois, con Antonio Teixidó e José María Gómez Fuertes como adestradores, logrouse o ascenso á segunda división, tras acabar a liga en terceiro lugar e logo de eliminar na liguiña de ascenso o Real Jaén, Sestao River e Gramenet.[4] O equipo rematou a campaña 1994–95 en última posición e descendeu á Segunda B, pero regresouse no 1996, ano en que a entidade se converteu en sociedade anónima deportiva. Durante tres tempadas o club loitou por manterse, pero na tempada 1998–99 descendeu de novo.
Actualidade
O CD Ourense intentou volver á Segunda División sen éxito. En anos posteriores as dificultades económicas minguaron, o equipo, que tivo que facer varias ampliacións de capital para garantir a súa existencia. Na tempada 2007–08 os resultados na liga regular empeoraron. Malia que ese mesmo ano gañou a Copa Federación tras impoñerse na final ao Reus, acabou 17º na clasificación do grupo I da Segunda B, polo que descendeu á Terceira División. Este feito agravou a situación económica do club, que acumulou impagos a xogadores e estivo a piques de desaparecer.[5] Porén, logrou manterse en Terceira División con xogadores galegos e da canteira. Na tempada 2011–12 resultou campión, clasificándose para a fase de ascenso como primeiro de grupo, debendo xogar contra o CD Laudio na primeira eliminatoria. Tras gañar (1–3) en terras alavesas, no partido de volta venceu por un gol no Couto, logrando así o ascenso a Segunda División B.
Na tempada 2012–13 o club perdura na Segunda División B tras conseguir o posto 12 na clasificación. Faise tamén oficial a renovación por dúas tempadas do adestrador Luisito.
O 10 de abril do 2014 o Club Deportivo Ourense logrou a súa segunda Copa Federación tras impoñerse ao Guadalajara na dobre final (perdeu 0–1 na ida en Guadalaxara e venceu 2–0 na volta no Estadio do Couto).[6] O 27 de abril dimitiu a directiva encabezada por Alejandro Estévez, logo da petición reiterada por parte do plantel e do persoal do club, logo de meses sen cobrar.[7][8]
Xogadores 2012/13
|
|
Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul e medias vermellas.
Estadio
Xoga no campo do O Couto, con capacidade para 5.659 persoas e unhas dimensións de 105 x 68 metros.
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 13
- Tempadas en 2ªB: 24 (Incluída a 2013–14)
- Tempadas en 3ª: 24
- Mellor posto na liga: 3º (2ª tempadas: 1959–60, 1961–62)
- Peor posto na liga: 22º (2ª tempada: 1998–99)
Historial na liga
|
|
|
|
Filiais
O filial do CD Ourense é o Ourense B, tamén chamado Atlético Ourense. Na tempada 2012/13 o filial do CD Ourense logra o ascenso a Rexional Preferente despois de acadar a 2ª posición na taboa clasificatoria.
Palmarés
- Subcampión da Segunda División B (2): 1999–00, 2000–01
- Terceira División (8): 1955–56, 1956–57, 1958–59, 1966–67, 1967–68, 1968–69, 1972–73, 2011–12
- Subcampión da Terceira División (7): 1957–58, 1965–66, 1970–71, 1976–77, 1981–82, 1983–84, 1984–85
- Copa RFEF (2): 2008, 2014
- Subcampión da Copa RFEF (1): 1952
Notas
- ↑ Historia da Unión Deportiva Orensana, no blog Sena fútbol Marín, decembro de 2009 (en castelán).
- ↑ "Temporada 1952-53", historia do CD Ourense (en castelán).
- ↑ "Breve historia", historia do CD Ourense (en castelán).
- ↑ "El Ourense, nuevo Segunda A", artigo en Mundo Deportivo, 5 de xuño de 1994 (en castelán).
- ↑ "El Ourense agoniza", artigo en Notas de fútbol, 4 de outubro do 2006 (en castelán).
- ↑ "El Ourense conquista la Copa Federación". Marca. 10 de abril de 2014.
- ↑ El plantel del Ourense exige por escrito la dimisión de su directiva; La Voz de Galicia, 27 de abril de 2014 (en castelán)
- ↑ La directiva del Ourense dimite tras la presión de sus socios; La Voz de Galicia, 28 de abril de 2014 (en castelán)