Xosé Velo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
+ cats; lig ints
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 19: Liña 19:
[[Categoría:Galegos de Venezuela]]
[[Categoría:Galegos de Venezuela]]
[[Categoría:Nados en Celanova]]
[[Categoría:Nados en Celanova]]
[[Categoría:Edición galega]]
[[Categoría:Edición en Galicia]]
[[Categoría:Finados en 1972]]
[[Categoría:Finados en 1972]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]

Revisión como estaba o 30 de maio de 2014 ás 15:35

Xosé Velo Mosquera, nado en Celanova o 21 de abril de 1916 e finado en San Paulo o 31 de xaneiro de 1972, foi un político independentista galego, tamén coñecido polo sobrenome de Carlos Xunqueira de Ambía.

Traxectoria

Era fillo de Lino Velo Castiñeiras, que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera, quedando orfo de pai en 1926. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios fixo amizade con Celso Emilio Ferreiro, con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da Federación de Mocedades Galeguistas e foi elixido secretario xeral da FMG en abril de 1935 e o 24 de abril casa con Jovita Pérez González.

Tralo Alzamento Nacional de 1936, a Garda Civil detívoo o 21 de xullo, aínda que saíu libre ao pouco tempo e o 14 de marzo de 1937 tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938 no que volta a Celanova e ao pouco tempo marchou á Guinea Española, volveu ao remate da Guerra civil española e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía sae en 1945 e permaneceu durante un ano agochado preto de Celanova.

Exilio

En 1948 fuxiu a Portugal, onde o detivo a PIDE, a policía política portuguesa, e tras a súa posta en liberdade conseguiu saír cara Venezuela, onde chegou o 9 de outubro de 1948, ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no Primeiro Congreso da Emigración Galega que se celebrou entre o 24 e o 31 de xullo de 1956 en Bos Aires.

Entrou en contacto coa grupo da oposición española que dirixía Alberto Bayo dende Cuba, e participou na súa emisora de radio, Radio Claridad. Pero descontento coa actuación deste grupo organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de Salazar exiliados en Sudamérica, como Humberto Delgado e Henrique Galvão e con outros galegos como José Fernández Fernández (Jorge de Sotomayor) o Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1959. Velo vai ser o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960 e vai participar con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués Santa María entre o 22 de xaneiro e o 4 de febreiro de 1961, que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da Península Ibérica, logo dun acordo co goberno brasileiro, este recoñeceu a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Aséntase co seu fillo Víctor, que tamén participara na toma do navío na cidade de San Paulo.

En 1962 estableceu en San Paulo a librería Nós e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de Rosalía de Castro. En 1971 fundou a revista mensual Paraíso 7 días, que só publicou 5 números, e o 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de cancro de pulmón.