Enrique Hervada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Enrique Hervada García-Sampedro''', nado na Coruña en 1883 e finado en 1953, foi un médico galego. ==Traxectoria== Estudou Medicina na Universidade..."
 
Xas (conversa | contribucións)
m Xas moveu a páxina "Enrique Hervada García-Sampedro" a "Enrique Hervada": Nome máis coñecido
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 24 de maio de 2014 ás 13:50

Enrique Hervada García-Sampedro, nado na Coruña en 1883 e finado en 1953, foi un médico galego.

Traxectoria

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, e fixo a licenciatura (1905) e o doutoramento (1906) en Madrid. Foi profesor axudante da Facultade de Medicina de Santiago e ampliou estudios en París. En 1910 abriu consulta na Coruña. Médico moi coñecido, participou nunha sociedade asistencial, e traballou para que a xente sen recursos tivera asistencia. Atendía gratuitamente no dispensario antituberculoso da rúa do Sol e no Sanatorio de Oza. Exerceu de profesor da Universidad Popular de La Coruña. Foi membro de varias sociedades científicas e presidente do Círculo de Artesáns. Colaborou en La Calle e publicou máis dun cento de traballos médicos.

Véxase tamén

Ligazóns externas