Gran Polonia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Norrin strange moveu a páxina "Voivodato de Gran Polonia" a "Gran Polonia" sobre unha redirección: reverter
Liña 110: Liña 110:
{{Voivodatos de Polonia}}
{{Voivodatos de Polonia}}


[[Categoría:Provincias de Polonia|Gran Polonia]]
[[Categoría:Voivodatos de Polonia|Gran Polonia]]

Revisión como estaba o 23 de maio de 2014 ás 10:05

Modelo:Primeira entidade subestatal

Divisións administrativas do voivodato

O Voivodato de Gran Polonia (polaco: województwo wielkopolskie) é unha das 16 provincias (voivodatos) que conforman a República de Polonia, segundo a división administrativa do ano 1998. Creouse o 1 de xaneiro de 1999, a partir dos anteriores voivodatos de Poznań, Kalisz, Konin, Leszno, e dunha parte do antigo voivodato de Piła. É a segunda en tamaño e a terceira en poboación, con 29.826 km² e 3,4 millóns de habitantes. Está dividido en 35 distritos ou poviatos, dos que 4 cidades posúen a categoría de poviato, e 226 comunas. As súas principais cidades son Poznań, Kalisz, Konin, Leszno, Piła e Gniezno. Comprende a maioría da rexión histórica (agás algunhas pequenas comunidades do suroeste) do mesmo nome (en polaco Wielkopolska).

Situación e Natureza

O voivodato sitúase no centro-oeste de Polonia. Ten dous parques naturais, varias reservas naturais e varios parques paisaxísticos. Os dous principais ríos da rexión son o Warta e o Noteć. O norte do voivodato é unha rexión lacustre.

Historia

O nome de Gran Polonia (en polaco: Wielkopolska, Francés: Grande-Pologne, Alemán:Großpole, latín: Polonia Maior) utilízase só dende os séculos XIV e XV. Menciónase por primeira vez en latín en 1257, e por primeira vez en polaco en 1449. O nome de Gran ou Vella Polonia adoitan referirse a que é o berce de Polonia como estado. Antigamente, esta zona estaba habitada pola tribo dos Polanos e chamábase sinxelamente Polonia. Os fortes de Giecz e de Poznań construíronse no século X. A Gran Polonia era á rexión central do país de Mieszko I e de Boleslao I o Bravo, Poznań era a capital de Polonia. Até o século XI no que se mudou a capital a Cracovia.

Tras as Particións de Polonia, a rexión ficou baixo o dominio de Prusia e sufriu un proceso forzado de xermanización. Durante a Segunda Guerra Mundial, foi anexionada pola Alemaña Nazi co nome de Wartheland ou Warthegau, país do Warta. En 1945, volveu a Polonia.

Maiores cidades e poboacións

(poboación en 2003)

División administrativa

Distritos rurais

Distritos urbanos

Economía

Os principais sectores de actividade son a industria, o agroalimentario, os transportes , a construción, o comercio e os servizos.

Véxase tamén

Outros artigos