Coronel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. con info. da wiki en castelán
 
m engado a Categoría:Forzas armadas mediante HotCat
Liña 25: Liña 25:
== Notas ==
== Notas ==
{{listaref}}
{{listaref}}

[[Categoría:Forzas armadas]]

Revisión como estaba o 22 de maio de 2014 ás 17:31

Coronel é o rango militar máis alto dos oficiais superiores dos exércitos.[1]

Xeralmente é o inmediato superior ao de Tenente Coronel e inmediatamente inferior ao de Xeneral de brigada.

Adoita exercer o mando en rexementos e bases militares.

Etimoloxía

A palabra coronel vén do francés colonel, e este do italiano colonnello (de columna de soldados), de colonna (columna), do latín columna.

España

En España un coronel é o xefe superior dun rexemento do Exército de Terra, do Exército do Aire e da Infantaría de Mariña. Na xerarquía militar española, o grao de coronel dos exércitos de Terra ou Aire, e da Infantaría de Mariña, é o equivalente ao de capitán de navío na Armada Española.

O seu grao é o primeiro da milicia en que se adquire o tratamento de señoría (usía) e ten ben prescritas as súas obrigas nas ordenanzas do exército.

Como distintivo do seu grao, leva tres estrelas de oito puntas paralelas na bocamanga da levita ou casaca, debaixo do galón do morrión e na faixa ceñidora do quepis ou da gorra, e como signo de mando o bastón desde 1736.

Notas

  1. coronel no diocionario da RAG.