Resident Evil 2: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23: Liña 23:
[[Categoría:Videoxogos de 1998]]
[[Categoría:Videoxogos de 1998]]


{{Ligazó AD|en}}
{{Ligazón AD|en}}

Revisión como estaba o 21 de maio de 2014 ás 23:37

Resident Evil 2 é un videoxogo pertencente á serie Resident Evil, producida por Capcom. Orixinalmente foi lanzado en 1998 para PlayStation. Uns meses despois do lanzamento, púxose á venda unha segunda versión, compatible coa vibración do mando Dual Shock. Un ano despois lanzouse en PC e game.com. No ano 2000 saíron as versións de Nintendo 64 e Dreamcast. Posteriormente, en 2003 foi lanzado para GameCube, en 2008 na PlayStation Store nipona e cara finais de 2009 será publicado para Wii, baixo o título Resident Evil: The Darkside Chronicles. Non obstante, esta última versión ten un renovado aspecto técnico, un estilo de xogo distinto e narra máis feitos co xogo orixinal.

Historia

A historia comeza en xullo de 1998, cando Leon S. Kennedy e Claire Redfield chegan a Raccoon City, sen saber que a cidade está infestada de zombies e outras armas biolóxicas. Leon é un policía asignado a esta cidade. Claire busca ó seu irmán, Chris (que estivera implicado nos sucesos que narra o primeiro Resident Evil). Nada máis chegar, sepáranse por mor dun accidente dun trailer. Xa nas rúas, son atacados por zombies e refúxianse na comisaría de policía. Descobren que Chris marchou da cidade e deciden fuxir eles tamén. Mentres buscan unha ruta de saída achan un laboratorio de Umbrella e a verdade sobre a orixe do incidente. Coñecen ademais a Annette Birkin, doutora de Umbrella, implicada nas investigacións co virus T e G. Tras eliminar decenas de inimigos, fuxen nun helicóptero.

Mecánica de xogo

Trátase dun xogo en terceira persona, con cámaras fixas e ambiente angustiante. Antes de comenzar a partida escollemos personaxe: Claire ou Leon. Se rematamos unha partida con cada un no rango A, poderemos xogar unha misión especial con Hunk, un mercenario que traballa para Umbrella.

Versión da game.com

Todas as versións de Resident Evil 2 tiñan un bo nivel agás esta, debido ás especificacións técnicas desta consola. Ademais do apartado técnico pobre, a duración era moito máis curta cas outras versións.

Crítica

No seu momento recibiu boas notas por parte da prensa especializada, acadando un 89 en Metacritic para PlayStation e Nintendo 64 [1] [2]. A versión de Dreamcast acadou un 77[3], mentres que a de GameCube só obtivo un 59 [4].

Vendas

A versión de PlayStation vendeu 5.82 millóns de copias en todo o mundo[5].

Notas

Modelo:Ligazón AD