Fontainebleau: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 10: Liña 10:
{{Sena e Marne comuna}}
{{Sena e Marne comuna}}
[[Categoría:Cidades de Francia]]
[[Categoría:Cidades de Francia]]
[[Categoría:Comunas de Francia]]
[[Categoría:Comunas do departamento francés Sena e Marne]]
[[Categoría:Comunas do departamento francés Sena e Marne]]

Revisión como estaba o 21 de maio de 2014 ás 21:27

O château de Fontainebleau

Fontainebleau é unha cidade francesa, situada no departamento de Sena e Marne, na rexión de Illa de Francia, famosa polo seu palacio, antiga residencia real francesa. Os seus habitantes son chamados, en francés, les Bellifontains.

Fontaine Belle Eau ou Fontaine Belleau, logo Fontainebleau, veu fixado oficialmente o seu nome en 1169. O que era unha simple aldea veuse dotada cun pavillón de caza e unha capela polo rei Luís VII de Francia. San Luís, que apreciaba moito Fontainebleau, que a chamaba os seus « ermos », fixo construír aquí un pavillón e máis un hospital. Filipe o Fermoso naceu neste lugar en 1268, no que tamén faleceu en 1314.

En total, 34 soberanos, desde Luís VI o Gordo ata Napoleón III, residiron en Fontainebleau ao longo de sete séculos.

Entre os séculos XVI e XVIII, todos os reis, de Francisco I a Luís XV, encargaron traballos importantes (derrubamento - reconstrución - engrandecemento - afermosamento), que lle deron o seu carácter "heteroxéneo", mais con todo harmonioso, á arquitectura do château (castelo-pazo).