Mecklemburgo-Antepomerania: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 105: Liña 105:


[[Categoría:Mecklemburgo-Antepomerania| ]]
[[Categoría:Mecklemburgo-Antepomerania| ]]
[[Categoría:Estados de Alemaña]]

Revisión como estaba o 19 de maio de 2014 ás 12:56

Modelo:Primeira entidade subestatal Mecklemburgo-Pomerania Occidental ou Mecklemburgo-Antepomerania[1] (en alemán Mecklenburg-Vorpommern e en Baixo alemán Mekelborg-Vörpommern) é un dos 16 Estados de Alemaña. O estado limita polo norte co Mar Báltico, polo oeste con Schleswig-Holstein, ó suroeste coa Baixa Saxonia, polo sur con Brandeburgo e polo leste con Polonia, máis precisamente con Voivodia de Pomerania Occidental (Województwo zachodniopomorskie). Mecklenburg-Vorpommern posúe unha baixa densidade de poboación, preto de 80 habitantes por km². Algunhas cidades importantes son Rostock, Stralsund e Wismar.

Historia

Schloss Schwerin
Mecklenburg & Pomerania

A comezos do século XIX a case totalidade do territorio que hoxe forma parte de Mecklemburgo-Pomerania Occidental pasou a formar parte da Confederación do Rin, como consecuencia das Guerras Napoleónicas. Tralo congreso de Viena pasou a formar parte de Prusia.

Antes de 1990 formou parte da República Democrática Alemá (RDA).

Vexa: Mecklemburgo e Pomerania Occidental.

División administrativa

Distritos

Mecklemburgo-Pomerania Occidental atópase actualmente dividida en doce distritos, chamados Kreise:

  1. Bad Doberan
  2. Demmin
  3. Güstrow
  4. Ludwigslust
  5. Mecklenburg-Strelitz
  6. Müritz
  1. Pomerania do norte (Nordvorpommern)
  2. Nor-Mecklenburgo Occidental (Nordwestmecklenburg)
  3. Pomerania Occidental Oriente (Ostvorpommern)
  4. Parchim
  5. Rügen
  6. Uecker-Randow
División administrativa
Greifswald
Stralsund

Cidades independentes

Ademais, existen seis cidades independentes que non pertencen a distrito ningún:

  1. Greifswald.
  2. Neubrandenburg.
  3. Rostock.
  4. Schwerin.
  5. Stralsund.
  6. Wismar.

Economía

Mecklemburgo-Pomerania Occidental é unha rexión de carácter predominantemente rural. Debido a isto a agricultura segue tendo un maior peso que noutros Estados Federados.

Notas

  1. Ver entrada de «Schwerin». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1901. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén

Ligazóns externas