Tras os Montes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: pt,zh,pl,fr,ru,es,no,ca,hu,fi,it (strongly connected to gl:Tras os Montes e Alto Douro)
Liña 16: Liña 16:
*[[Tras os Montes e Alto Douro]]
*[[Tras os Montes e Alto Douro]]


[[Categoría:Antigas provincias portuguesas]]
[[Categoría:Antigas provincias de Portugal]]


[[en:Trás-os-Montes e Alto Douro]]
[[en:Trás-os-Montes e Alto Douro]]

Revisión como estaba o 19 de maio de 2014 ás 09:27

Tras os Montes, ortografado Trás-os-Montes en portugués, era unha das seis grandes divisións administrativas en que se organizaba o territorio de Portugal, desde o século XV. A división foi coñecida como comarca até o século XVI, pasando, a partir de aí, a ser coñecida por provincia.

Historia

Tradicionalmente, o territorio de Tras os Montes limitaba ao norte con Galiza, ao leste co León, ao oeste co río Támega e ao sul co río Douro. Estes límites variaron lixeiramente, ao longo dos tempos.

Até o século XVII a Provincia de Tras os Montes constituía unha corrixidoría, administrada por un corrixidor - maxistrado con funcións xudiciais e administrativas. Paralelamente, en caso de guerra, a provincia tamén constituía a área de actuación dun fronteiro maior, comandante militar a quen era atribuído o comando operacional das tropas da provincia en campaña.

A partir do século XVII, a provincia pasou a ser dividida em varias corrixidorías (tamén chamadas comarcas), cada unha co seu corrixidor. A provincia pasou a ser soamente unha unidade estatística e unha rexión militar comandada por un gobernador das armas. No inicio do século XIX, Tras os Montes incluía as comarcas de Bragança, Miranda, Moncorvo, Vila Real. No interior do seu territorio estaba encravado o couto de Ervededo que dependía da comarca de Braga (provincia de Entre-Douro-e-Minho).

A Provincia de Trás-os-Montes mantívose na división administrativa de 1832. Nesa altura pasou a dispor de um prefecto - maxistrado que representaba o goberno central - e de unha xunta xeral de provincia - órgano autárquico, electo localmente. A provincia pasou a estar dividida nas comarcas de Bragança, Chaves, Moncorvo e Vila Real. As comarcas dispuña, cada unha dun subprefecto, que representaba o prefecto.

Pola reforma administrativa de 1835, Portugal foi dividido en distritos. A división en provincias mantívose, pero estas pasaron a ser meros agrupamentos de distritos para fins estatísticos e de referencia rexional, sen órganos própios. A Provincia de Tras os Montes pasou a agrupar os distritos de Bragança e de Vila Real.

Véxase tamén

Outros artigos