Ferdinand Foch: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 21: Liña 21:
[[Categoría:Primeira Guerra Mundial]]
[[Categoría:Primeira Guerra Mundial]]
[[Categoría:Militares de Francia]]
[[Categoría:Militares de Francia]]
[[Categoría:Francia]]
[[Categoría:Nados en Francia]]

Revisión como estaba o 18 de maio de 2014 ás 13:59

Ferdinand Foch, nado o 2 de outubro de 1851 en Tarbes (Francia) e finado o 20 de marzo de 1929 foi un Mariscal de Campo francés, Comandante en xefe dos exércitos Aliados durante a Primeira Guerra Mundial. Tamén fixo algunha publicación especializada.

Traxectoria

Alístase na infantería francesa no ano 1870, combatindo na Guerra Franco-Prusiana. Un ano despois ingresa na academia militar dende onde é destinado a artillería en 1873.

En agosto de 1914, tralo comezo da Primeira Guerra Mundial, toma o mando do XXX Corpo do exército en Nancy. Durante este servizo contivo o avance das forzas alemanas durante a Ofensiva de Primavera de 1918]] na Segunda Batalla do Marne, lanzando o contraataque que sería o comezo da derrota xermana.

En xullo de 1918 foi nomeado Mariscal de Francia, e como tal aceptou a rendición alemana en novembro. Tanto polo seu consello durante a Guerra Polaco-Bolxevique de 1920 como pola presión sobre Alemaña durante a revolta en Polonia de 1923 foi nomeado Mariscal de Polonia. No ano 1919 tamén obtivo ese mesmo título honorífico do Imperio Británico.

Expresou o seu descontento sobre o Tratado de Versalles ca famosa frase: "Este non é un tratado de paz, senon un armisticio de vinte anos"

Cando o Armisticio de Compiègne foi convertido en memorial nacional, erixiuse no lugar unha estatua na súa honra.

Publicou "Des Principes de la Guerre" ("Os Principios da Guerra") en 1903 e "De la Conduite de la Guerre" ("Sobre o Desenvolvemento da Guerra") en 1904.

Véxase tamén

Ligazóns externas