Caná: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Esta achega baséase na versión catalá da Wikipedia [ca:Canà]
 
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:
Non se coñece a localización topográfica, xa que o evanxelista non a indica. Unha tradición que se remonta ao [[século XIII]] identifícaa coa vila de Kafr Kanna, sete quilómetros ao nordés de [[Nazaret]]; outros sitúana en Kenet al-Jalil (literalmente, en [[lingua árabe]], 'Caná de Galilea'), máis ao norte; en Aín Kana, máis achegada que as outras dúas localidades e máis probábel pola [[etimoloxía]] do nome; ou incluso en [[Qana]], ao sur do [[Líbano]].
Non se coñece a localización topográfica, xa que o evanxelista non a indica. Unha tradición que se remonta ao [[século XIII]] identifícaa coa vila de Kafr Kanna, sete quilómetros ao nordés de [[Nazaret]]; outros sitúana en Kenet al-Jalil (literalmente, en [[lingua árabe]], 'Caná de Galilea'), máis ao norte; en Aín Kana, máis achegada que as outras dúas localidades e máis probábel pola [[etimoloxía]] do nome; ou incluso en [[Qana]], ao sur do [[Líbano]].


De todos os xeitos, non está claro que a cidade existise realmente. Algúns historiadores e estudosos da Biblia coidan que o Evanxeo de Xoán foi escrito para un público culto mais non necesariamente coñecedor da xeografía de [[Palestina]], os cales afirman que Caná podería ser tan só un nome cunha función [[teoloxía|teolóxica]] e simbólica, mais ca histórica.
De todos os xeitos, non está claro que a cidade existise realmente. Algúns historiadores e estudosos da Biblia{{cómpre referencia}} coidan que o Evanxeo de Xoán foi escrito para un público culto mais non necesariamente coñecedor da xeografía de [[Palestina]], os cales afirman que Caná podería ser tan só un nome cunha función [[teoloxía|teolóxica]] e simbólica, mais ca histórica.


[[Categoría:Novo Testamento]]
[[Categoría:Novo Testamento]]

Revisión como estaba o 18 de maio de 2014 ás 13:51

Mapa da antiga Galilea; Caná tense situado ao nordés de Nazaret e ao norte do monte Tabor

Caná era unha cidade de Galilea citada algunhas veces polo Evanxeo segundo Xoán como o lugar onde se realizou o primeiro milagre de Xesús de Nazaret, a conversión da auga en viño durante un casamento, feito coñecido coma as vodas de Caná.

O Evanxeo de Xoán cita tamén Caná porque aló se atopaba Xesús Cristo cando lle van pedir de sandar ao fillo do funcionario real de Cafarnaúm (4, 46) e coma cidade natal de Natanael, identificado co apóstolo Bertomeu. Algunhas tradicións indican que Caná sería tamén a cidade onde naceu Simón o Zelote, outro dos doce apóstolos de Xesús Cristo. Porén en toda a Biblia non se fai mais referencia ningunha ao lugar.

Non se coñece a localización topográfica, xa que o evanxelista non a indica. Unha tradición que se remonta ao século XIII identifícaa coa vila de Kafr Kanna, sete quilómetros ao nordés de Nazaret; outros sitúana en Kenet al-Jalil (literalmente, en lingua árabe, 'Caná de Galilea'), máis ao norte; en Aín Kana, máis achegada que as outras dúas localidades e máis probábel pola etimoloxía do nome; ou incluso en Qana, ao sur do Líbano.

De todos os xeitos, non está claro que a cidade existise realmente. Algúns historiadores e estudosos da Biblia[Cómpre referencia] coidan que o Evanxeo de Xoán foi escrito para un público culto mais non necesariamente coñecedor da xeografía de Palestina, os cales afirman que Caná podería ser tan só un nome cunha función teolóxica e simbólica, mais ca histórica.