IMAX: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Adaptado de en.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 18 de maio de 2014 ás 11:08

Comparación entre negativos de 4/35 mm e 15/70 mm

IMAX (acrónimo de Image MAXimum) é un formato de filme e un conxunto de xeitos de proxección creados pola compañía canadense IMAX Corporation e desenvolvido por Graeme Ferguson, Roman Kroitor, Robert Kerr, e William C. Shaw.[1] IMAX pode filmar e exhibir imaxes de maior tamaño que os sistemas convencionais.

Historia

A arela de incrementar o impacto dun filme vén desde as primeiras décadas da historia do cinema. En 1929 Fox Film introduciu o sistema Fox Grandeur, primeiro en 70 mm que deseguido caeu no esquecemento. Na década de 1950 CinemaScope (1953) e VistaVision (1954) alargaron a imaxe seguindo a idea de múltiplos proxectores do Cinerama (1952), que porén, era difícil de instalar.

O primeiro filme con formato IMAX foi Tiger Child, amosado no Expo 70 de Osaca.[2] A primeira instalación permanente foi o Cinesphere en Toronto, que se creo en maio de 1971.[3]

O formato IMAX foi empregado tradicionalmente para aplicación específicas. Os gastos de produción e exhibición facía que os filmes fosen corenta minutos máis curtos cós convencionais. Non obstante, desde mediados da década de 1990 comezaron a exhibirse neste sistema filmes dramáticos.

Notas

  1. Ieee.ca (ed.). "The Birth of IMAX". Consultado o 23 de maio de 2012. 
  2. IEEE Canada, Institute of Electrical and Electronics Engineers (ed.). "IMAX'S Chronology of Techonological (sic) Events".  Parámetro descoñecido |data acceso= ignorado (Axuda)
  3. IMAX.com (ed.). "Corporate". Consultado o 3 de xullo de 2010.  |capítulo= ignorado (Axuda)

Véxase tamén

Ligazóns externas