Pacto de Lestrobe: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 5: | Liña 5: | ||
== Celebración do comicio == |
== Celebración do comicio == |
||
Celebrouse nas Torres de Lestrobe, por inspiración da Organización Republicana Gallega Autónoma, o 26 de marzo de 1930, no que se asina a alianza das distintas forzas republicanas. |
Celebrouse nas Torres de Lestrobe, por inspiración da [[Organización Republicana Gallega Autónoma]], o 26 de marzo de 1930, no que se asina a alianza das distintas forzas republicanas. |
||
A finais do ano 1929 e comezos de 1930 a [[Ditadura de Primo de Rivera|Ditadura]] caía, a [[Segunda República Española|República]] xa se albiscaba, e as distintas fraccións do republicanismo galego non se poñían de acordo. Daquela tomouse a decisión de converxer tódolos republicanos da rexión nun so feixe, con vistas a aceleralo proceso de caída do réxime monárquico e preparar o terreo para a República. Fíxose unha reunión clandestina en Roxos (Santiago) pero alguén debeu traizoalos, e por iso, finalmente Jesús San Luís Romero acompañado por Constante Nogueira e Andrés Suárez tiveron que marchar ó Pazo de Hermida, onde o vello republicano José Vázquez Batalla lles ofreceu a súa casa para celebralo comicio clandestino. |
A finais do ano 1929 e comezos de 1930 a [[Ditadura de Primo de Rivera|Ditadura]] caía, a [[Segunda República Española|República]] xa se albiscaba, e as distintas fraccións do republicanismo galego non se poñían de acordo. Daquela tomouse a decisión de converxer tódolos republicanos da rexión nun so feixe, con vistas a aceleralo proceso de caída do réxime monárquico e preparar o terreo para a República. Fíxose unha reunión clandestina en Roxos (Santiago) pero alguén debeu traizoalos, e por iso, finalmente Jesús San Luís Romero acompañado por Constante Nogueira e Andrés Suárez tiveron que marchar ó Pazo de Hermida, onde o vello republicano José Vázquez Batalla lles ofreceu a súa casa para celebralo comicio clandestino. |
||
Liña 69: | Liña 69: | ||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
=== Bibliografía === |
|||
* Silvia Figueira: ''Dodro, un concello para ver''. Concello de Dodro. |
|||
===Outros artigos=== |
===Outros artigos=== |
||
*[[Compromiso de Barrantes]]. |
*[[Compromiso de Barrantes]]. |
Revisión como estaba o 16 de maio de 2014 ás 19:13
O Pacto de Lestrobe foi a xuntanza celebrada o 26 de marzo de 1930 no Pazo da Hermida de Lestrobe (Dodro) na que se acordou a constitución da Federación Republicana Gallega. Participaron os partidos ORGA, Partido Radical, Partido Radical Socialista e Partido Republicano Federal e personalidades republicanas galegas. Pretendían establecer unha estratexia conxunta e autónoma dos republicanos galegos.[1]
Asistiron unhas 50 persoas, entre outros Gerardo Abad Conde e Santiago Casares Quiroga, sendo dono do pazo José Vázquez Batalla. Asinaron un manifesto dirixido á opinión pública.[2]
Celebración do comicio
Celebrouse nas Torres de Lestrobe, por inspiración da Organización Republicana Gallega Autónoma, o 26 de marzo de 1930, no que se asina a alianza das distintas forzas republicanas.
A finais do ano 1929 e comezos de 1930 a Ditadura caía, a República xa se albiscaba, e as distintas fraccións do republicanismo galego non se poñían de acordo. Daquela tomouse a decisión de converxer tódolos republicanos da rexión nun so feixe, con vistas a aceleralo proceso de caída do réxime monárquico e preparar o terreo para a República. Fíxose unha reunión clandestina en Roxos (Santiago) pero alguén debeu traizoalos, e por iso, finalmente Jesús San Luís Romero acompañado por Constante Nogueira e Andrés Suárez tiveron que marchar ó Pazo de Hermida, onde o vello republicano José Vázquez Batalla lles ofreceu a súa casa para celebralo comicio clandestino.
A reunión, á que acudiron representantes dos diversos partidos e agrupacións que compoñian o espectro republicano, tivo lugar o 26 de marzo de 1930. Nun primeiro plano estaba a ORGA, os promotores do acto, e o Partido Radical cos seus respectivos líderes á cabeza, Casares Quiroga e Abad Conde. Xunto a eles, o Partido Radical-Socialista, o Partido Republicano Federal, unha representación da sección galega da FUE e algúns republicanos a título persoal, así como varios sindicalistas ex-militantes da CNT. En total, máis de medio cento de asembleístas.
Tralos debates de rigor, os asistentes acordaron a creación da Federación Republicana Gallega co obxectivo da implantación do réxime republicano democrático en España e loitar pola autonomía de Galicia. A Federación Republicana Galega, recen creada, enviou a Santiago Casares Quiroga como delegado ó pacto de San Sebastián.
Unha anécdota que determina o entusiasmo republicano de Vázquez Batalla é que mentres se deliberaba, el serviu de vixía na torre do pazo para facilitala fuxida ós montes do barbanza se eran sorprendidos.
No terceiro aniversario do pacto, xa en plena República volveron a reunirse case tódolos asistentes,no mesmo lugar para ofrendar a Vázquez Batalla cun pergameo en conmemoración da data daquel acto.
Participantes
- Rafael de Vega Barrera, por Lugo.
- César López Otero, por Lugo.
- José del Peso Sevillano, por Carballiño.
- Jesús Prósper Ros, por Ourense.
- Luís Fábrega Coello, por Ourense.
- Pío Príncipe García, por Ourense.
- Dámaso Carrasco Duaso, por Vilagarcía.
- Reboredo Isla, por Vilagarcía.
- Víctor Montoto Arias, por Betanzos.
- Federico Zamora, por Vigo.
- Vicente García Temes, por Pontevedra.
- Amancio Caamaño Cimadevila, por Pontevedra.
- Joaquín Poza Juncal, por Pontevedra.
- Bibiano Fernández Osorio-Tafall, por Pontevedra.
- Joaquín Maquieira Fernández, por Pontevedra.
- José Echeverría Novoa, por Pontevedra.
- Avelino Silva Güimil, por Pontevedra.
- Gerardo Abad Conde, por A Coruña.
- Ricardo García Lago, por A Coruña.
- César Gillán Bozo, por A Coruña.
- Manuel Fernández Fernández, por A Coruña.
- José Calviño Domínguez, por A Coruña.
- Eduardo Paredes García, por A Coruña.
- Ramón Lago Portela, por A Coruña.
- José Vicente López Chacón, por A Coruña.
- Aurelio Fernández Morales, por A Coruña.
- Federico Pérez Lago, por A Coruña.
- Joaquín Cotarelo Martínez, por A Coruña.
- Santiago Casares Quiroga, por A Coruña.
- Manuel Ínsua Sánchez, por A Coruña.
- Alfredo Somoza Gutiérrez, por A Coruña.
- Julio Wonenburger Canosa, por A Coruña.
- Juan Wonenburger Canosa, por A Coruña.
- Antón Vilar Ponte, por A Coruña.
- Arturo Taracido Veira, por A Coruña.
- Joaquín García Labella, por Santiago de Compostela.
- Fernando Barros Pumariño, por Santiago de Compostela.
- Narciso Vidal Fraga, por Santiago de Compostela.
- José Caamaño Caamaño, por Santiago de Compostela.
- Luís Seoane, por Santiago de Compostela.
- Manuel María González López, por Santiago de Compostela.
- García Suárez, por Santiago de Compostela.
- Constante Nogueira, por Santiago de Compostela.
- Laureano Santiso Girón, por Santiago de Compostela.
- Jesús San Luís Romero, por Santiago de Compostela.
- Ramiro Prieto Cernadas, por Santiago de Compostela.
Notas
- ↑ "El acta inédita de la Asamblea de Lestrove", El Pueblo Gallego, 1-4-1934, p. 9.
- ↑ "Manifiesto de la Federación Republicana Gallega", El Pueblo Gallego, 6-4-1930, p. 14.
Véxase tamén
Bibliografía
- Silvia Figueira: Dodro, un concello para ver. Concello de Dodro.