Cancioneiro da Biblioteca Nacional: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:
Este [[cancioneiro]] é un manuscrito cartáceo formado por 355 folios (numerados por Molteni) dun tamaño de 280 por 210 mm con diversas lagoas. Son en total seis transcritores (incluído Colocci) quen traballarían no manuscrito; tradicionalmente supúñase que foran tres, mais os últimos estudos de Anna Ferrari indican que non foi así. Colocci transcribiu da súa propia man moitas rúbricas e apostilas marxinais, tamén algunhas ''razós'' esquecidas polos copistas, ademais de numerar progresivamente os textos, ou ben reproducir unha numeración precedente, presentando numerosas lagoas e duplicacións. Foi copiado en Italia por amanuenses ibéricos e italianos e compilado por Colocci a partir doutro(s) manuscrito(s) que non chegaron a nós. Os modelos dos apógrafos italianos puideron chegar a Italia na embaixada enviada por D. Manuel I de Portugal ao Papa León X (1514) en que figuraba [[Garcia de Resende]]. Alí serían copiados por Colocci dende o orixinal ou os orixinais e seu equipo creando os volumes dos que hoxe dispomos.

Trátase do [[cancioneiro]] máis abundante no número de composicións, pois contén 1567 cantigas dos tres grandes xéneros duns 150 autores<ref>Henrique Monteagudo et al. ''Tres poetas medievais da ría de Vigo''. Galaxia. 1998, páxina 50</ref><ref>Xosé Ramón Pena. "Historia da literatura medievalgalego-portuguesa". Sotelo Blanco, 2002, páxinas 105-106.<ref/> Ademais, contén fragmentos dun tratado de poética trobadoresca, a [[Arte de trobar]], e cinco [[lai]]s narrativos.
Trátase do [[cancioneiro]] máis abundante no número de composicións, pois contén 1567 cantigas dos tres grandes xéneros duns 150 autores<ref>Henrique Monteagudo et al. ''Tres poetas medievais da ría de Vigo''. Galaxia. 1998, páxina 50</ref><ref>Xosé Ramón Pena. "Historia da literatura medievalgalego-portuguesa". Sotelo Blanco, 2002, páxinas 105-106.</ref> Ademais, contén fragmentos dun tratado de poética trobadoresca, a [[Arte de trobar]], e cinco [[lai]]s narrativos.

== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 14 de maio de 2014 ás 09:20

O Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancutti, coñecido coa sigla B (ou CB) [1], é unha das tres colectáneas de lirismo trobadoresco galaico-portugués (cantigas de amigo, de amor e de escarnio e mal-dizer). Denomínase Cancionero da Biblioteca Nacional de Lisboa, xa que a devandita institución adquiriuno en 1924.

Descrición

A compilación deste cancioneiro fíxose en Italia no final do século XV ou inicios do século XVI por encargo do humanista Angelo Colocci. Foi descuberto por Costantino Corvisieri e da Enrico Molteni na biblioteca familiar do conde Brancuti de Cagli; adquirido por Ernesto Monaci, foi cedido polos seus herdeiros ao goberno portugués, que o conserva na Biblioteca Nacional de Lisboa (1924).

Este cancioneiro é un manuscrito cartáceo formado por 355 folios (numerados por Molteni) dun tamaño de 280 por 210 mm con diversas lagoas. Son en total seis transcritores (incluído Colocci) quen traballarían no manuscrito; tradicionalmente supúñase que foran tres, mais os últimos estudos de Anna Ferrari indican que non foi así. Colocci transcribiu da súa propia man moitas rúbricas e apostilas marxinais, tamén algunhas razós esquecidas polos copistas, ademais de numerar progresivamente os textos, ou ben reproducir unha numeración precedente, presentando numerosas lagoas e duplicacións. Foi copiado en Italia por amanuenses ibéricos e italianos e compilado por Colocci a partir doutro(s) manuscrito(s) que non chegaron a nós. Os modelos dos apógrafos italianos puideron chegar a Italia na embaixada enviada por D. Manuel I de Portugal ao Papa León X (1514) en que figuraba Garcia de Resende. Alí serían copiados por Colocci dende o orixinal ou os orixinais e seu equipo creando os volumes dos que hoxe dispomos.

Trátase do cancioneiro máis abundante no número de composicións, pois contén 1567 cantigas dos tres grandes xéneros duns 150 autores[2][3] Ademais, contén fragmentos dun tratado de poética trobadoresca, a Arte de trobar, e cinco lais narrativos.

Notas

  1. TAVANI, Giuseppe, A poesía lírica galego-portuguesa, 2ª ed, Galaxia, 1988, páxina 52
  2. Henrique Monteagudo et al. Tres poetas medievais da ría de Vigo. Galaxia. 1998, páxina 50
  3. Xosé Ramón Pena. "Historia da literatura medievalgalego-portuguesa". Sotelo Blanco, 2002, páxinas 105-106.

Véxase tamén

Ligazóns externas