Fernando Álvarez de Sotomayor: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 16: Liña 16:


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*[[Francisco Pablos|Pablos]]; ''A pintura en Galicia | La pintura en Galicia'' (edición bilingüe), p. 56-62, [[Nigra Trea]], [[2003]], ISBN 84-95364-15-8.
*[[Manuel Colmeiro Guimarás|Colmeiro]], [[Ángel Ilarri Gimeno|Ilarri]], [[Francisco Pablos|Pablos]], [[Xavier Pousa Carrera|Pousa]] e [[Antonio Quesada Porto|Quesada]], ''Plástica Gallega'', p. 90-91, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, [[1981]], ISBN 84-7231-603-3.
*[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]] (en [[DVD]]).
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*[https://www.museodelprado.es/enciclopedia/enciclopedia-on-line/voz/alvarez-de-sotomayor-y-zaragoza-fernando/ Enciclopedia online] do [[Museo Nacional del Prado]] {{Es}}.
*[https://www.museodelprado.es/enciclopedia/enciclopedia-on-line/voz/alvarez-de-sotomayor-y-zaragoza-fernando/ Enciclopedia online] do [[Museo Nacional del Prado]] {{Es}}.

Revisión como estaba o 11 de maio de 2014 ás 16:13

Sotomayor visto por Ramon Casas (MNAC).

Fernando Álvarez de Sotomayor, nado en Ferrol o 25 de setembro de 1875 e finado en Madrid o 17 de marzo de 1960, foi un pintor académico galego. Boa parte da súa obra destaca por reflectir diversos aspectos da vida de Galicia con luminosidade e colorido.

Traxectoria

Nado no seo dunha familia burguesa ferrolá, o seu pai morreu cando Fernando era un rapaz. A familia trasladou a súa residencia a Toledo, e nesta cidade desenvolveu a súa vocación ao carón do profesor de debuxo José Gutiérrez e do paisaxista José Vera. En 1893 iniciou en Madrid os seus estudos universitarios; alí coñeceu ao pintor Manuel Domínguez, quen o orientou definitivamente cara a pintura. estudou o bacharelato en Madrid. Intentou seguir varias carreiras, adicándose finalmente por completo á pintura.

Tras a súa aprendizaxe do obradoiro de Manuel Domínguez, en 1899 gañou unha pensión da Escola de San Fernando para a Academia de Belas Artes de Roma. Dende a cidade italiana viaxou a París, Holanda e Bélxica. Iso permitiulle coñecer aos impresionistas franceses e á pintura flamenca e holandesa, que tiveron unha gran influencia na súa obra. Tras retornar a Madrid en 1904, logra a primeira medalla da Exposición Nacional de Belas Artes. Con posterioridade obtén outros recoñecementos como o primeiro premio na Exposición Internacional de Barcelona ou a medalla de ouro da Exposición Internacional de Múnic. En 1905 volveu a Galicia, onde foi seducido polo ambiente sinxelo da vida aldeá e preparou a súa serie de temas galaicos. Nesta etapa figuran obras como O segador, Saíndo de misa no pazo de Mende e Comida de voda en Bergantiños.

En 1908 instalouse en Santiago de Chile, de cuxa Escola Superior de Belas Artes foi director ata o seu regreso a España en 1915. En Chile a súa influencia foi fundamental, aínda que só viviu seis anos nese país. Coas súas clases primeiro e despois como director da Escola de Belas Artes, deixou unha pegada orixinal favorecendo os temas populares e a impronta peninsular na primeira xeración de artistas chilenos coñecida como a "Xeración do 13". Tras a súa volta, en España desenvolveu unha importante carreira artística que o converteu nun dos máis importantes e influentes personaxes do medio artístico oficial. Pódeselle considerar o pintor da Corte de AAlfonso XIII, e chegou a dirixir o Museo do Prado en diversos períodos (entre 1922 e 1931, e trala guerra civil española, de 1939 ata a súa morte no ano 1960) e a Academia de Belas Artes de San Fernando a partir do ano 1953. En 1938 foi designado alcalde da Coruña e, máis adiante, procurador nas Cortes españolas. .

Temática e estilisticamente, a súa obra enlaza coa de pintores como Rosales, Pradilla ou Muñoz Degrain. Mediante o emprego de cores puras e luminosas e unha temática campesiña ou folclórica persigue a exaltación da intrahistoria. No seu catálogo abundan os retratos de personaxes da vida política e económica do país. En 1922, cando foi nomeado director do Museo do Prado, a súa evolución artística abriuse a unha nova etapa caracterizada polos retratos con paisaxes velazqueños, como o de Afonso XIII e a Duquesa de Santoña. Algúns cadros mitolóxicos, como Leda ou Sátiro e ninfas, pertencen tamén a este momento.

Coa caída da monarquía, estableceuse en Inglaterra e non regresou a España ata finalizada a Guerra Civil. As exposicións de pintura española realizadas en Xenebra e Buenos Aires aumentaron o carácter tradicional da súa pintura, como o demostran os retratos da Duquesa de Alba e do Duque de Híjar. Nos últimos doce anos da súa vida produciu obras de ampla factura como Ceres, San Agustín, San Vicente Ferrer ou O infortunio.

Unha boa parte da súa obra atópase en América, aínda que tamén é considerable o numero de óleos, acuarelas e debuxos reunidos pola Fundación Caixa Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas