Río Sardiñeira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Gallaecio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:
desemboca = [[Río Miño]] |
desemboca = [[Río Miño]] |
}}
}}
O ''' río Sardiñeira''' é un río [[Galiza|galego]] da [[provincia de Lugo]], afluente pola marxe esquerda do [[río Miño]], que desauga nel á altura do [[encoro de Belesar]], dentro do concello do [[O Saviñao|Saviñao]], (Lugo).
O '''río Sardiñeira''' é un río [[Galiza|galego]] da [[provincia de Lugo]], afluente pola marxe esquerda do [[río Miño]], que desauga nel á altura do [[encoro de Belesar]], dentro do concello do [[O Saviñao|Saviñao]], (Lugo).


==Percorrido==
==Percorrido==

Revisión como estaba o 11 de maio de 2014 ás 05:51

Río Sardiñeira
PaísGalicia Galicia
DesembocaduraRío Miño

O río Sardiñeira é un río galego da provincia de Lugo, afluente pola marxe esquerda do río Miño, que desauga nel á altura do encoro de Belesar, dentro do concello do Saviñao, (Lugo).

Percorrido

A Sardiñeira, como é coñecido na zona, nace na Serra das Penas, no concello de Paradela, para desembocar en el río Miño, na parte alta do encoro de Belesar, logo de descender por suaves pendentes, e xa no concello do Saviñao.

Afluentes

A maior parte son regos e regatos, dos que compre destacar o río do Portiño, que se lle une en Igrexafeita, no municipio do Saviñao.

Réxime hídrico

É un río de réxime pluvial, do tipo oceánico, consonte unha media de precipitacións na súa conca de 1.122 mm anuais.

Fauna e vexetación

A Sardiñeira caracterízase pola alta calidade das súas augas, o que fai abundante a vexetación e fauna que vive nas súas beiras.

En canto á flora asociada ao río, predominan os carballos, castiñeiros, salgueiros e amieiros; un tanto alonxados, nas partes altas das ladeiras, áchanse tamén piñeiros. Preto da ribeira encóntranse tamén, en parte debido ao abandono das terras, e en grande cantidade, arbustos tales como o toxo o a uz.

A fauna está representada principalmente pola troita común (Salmo trutta) e a boga de río (Chondrostoma polylepis). Ligada tamén ao medio acuático, e de salientar a presenza de lontras (Lutra lutra).

Respecto ás aves pódense observar azores (Accipiter gentilis), aguionchos (Circus cyaneus) e aguionchos cincentos (Circus pygargus).