Henri Moissan: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 50 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q102804
Liña 53: Liña 53:
{{ORDENAR:Moissan,Henri}}
{{ORDENAR:Moissan,Henri}}
[[Categoría:Químicos de Francia]]
[[Categoría:Químicos de Francia]]
[[Categoría:Personalidades da química]]
[[Categoría:Premio Nobel de Química]]
[[Categoría:Premio Nobel de Química]]
[[Categoría:Medalla Davy]]
[[Categoría:Medalla Davy]]

Revisión como estaba o 8 de maio de 2014 ás 13:48


Ferdinand Frederick Henri Moissan
Henri Moissan
Datos persoais
Nacemento28 de setembro de 1852
LugarParís Francia
Falecemento20 de febreiro de 1907
LugarParís Francia
CausaApendicite
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise e Grave of Moissan
Residencia Francia
NacionalidadeFrances
CónxuxeMarie Léonie Lugan Moissan
Actividade
Campo
  • Química
  • Alma máterÉcole pratique des hautes études
    Director de tese
  • Pierre Paul Dehérain
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Illar o Flúor
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1906)
  • Medalla Davy (1896)
  • editar datos en Wikidata ]

    'Henri Moissan (28 de setembro de 1852, París - 20 de febreiro de 1907, París) foi un químico o e profesor universitario de Francia, premio Nobel de Química en 1906.

    Traxectoría

    Estudou no Colexio de Meaux, no Instituto da Agronomía de París e no Instituto de Toxicoloxía. Traballou no Museo de Historia Natural de París e nos laboratorios de Edmond Frémy. Foi profesor na Escola Superior de Farmacia dende o 1879, chegando a impartir clases de química e toxicoloxía no 1886. Dende 1900 foi profesor de química na Universidade de París. Ingresou na Academia de Ciencias francesa no 1891.

    Faleceu repentinamente en París no 1907, pouco despois da súa volta de Estocolmo, tras recibir o Premio Nobel. Non se sabe se os seus experimentos co flúor contribuíron á súa morte.

    Investigacións científicas

    Entre as súas contribución científicas máis notábeis, no 1886 conseguiu illa o flúor en forma de gas amarelo verdoso, por electrólise dunha solución de fluorhidrato potásico en ácido fluorhídrico anhidro. A existencia do flúor coñecíase dende anos antes, mais todos os intentos por obtelo fracasaran, e incluso algúns investigadores morreran no intento.

    Tamén ideou un forno de arco, capaz de acadar temperaturas de 4.100 °C, que permite reducir os minerais de certos metais, como o uranio, cromo, volframio, vanadio, manganeso, titanio e molibdeno.

    No 1893, deu a coñecer o seu método de preparación de pequenos diamantes artificiais a partir de carbono disolto en ferro fundido, o que produceu unha gran sensación.

    Foi un dos primeiro en realizar investigación acerco do calcio, descuberto en 1808, por Humphry Davy, conseguindo unha pureza do 99 % pola electrólise do ioduro de calcio (CaI2).

    Baixo a súa direción traballou o farmaceutico galego, completando a súa formación, Xosé Casares Gil que foi o precursor do desenvolvemento actual da Química en España.

    En 1906, foi galardoado con Premio Nobel de Química, polos seus experimentos sobre o illamento do flúor.

    Ligazóns externas

    Predecesor:
    Adolf von Baeyer
    Premio Nobel de Química

    1906
    Sucesor:
    Eduard Buchner

    Modelo:Nobel de Química