Illas Chatham: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Illas e arquipélagos; engado a Categoría:Arquipélagos mediante HotCat |
m elimino a Categoría:Xeografía de Nova Zelandia; engado a Categoría:Illas de Nova Zelandia mediante HotCat |
||
Liña 30: | Liña 30: | ||
<references/> |
<references/> |
||
[[Categoría: |
[[Categoría:Illas de Nova Zelandia|Chatham]] |
||
[[Categoría:Arquipélagos|Chatham, Illas]] |
[[Categoría:Arquipélagos|Chatham, Illas]] |
Revisión como estaba o 8 de maio de 2014 ás 13:13
O arquipélago das illas Chatham ("Rekohu" na lingua moriori), abrangue 10 illas nun radio de 40 km. Pertencen a Nova Zelandia.
Xeografía
O arquipélago atópase situado 800 km ao leste da cidade neozelandesa de Christchurch. As illas pertencen oficialmente a Nova Zelandia desde 1842. A superficie total das illas é de 996 km², case toda localízase nas dúas illas maiores, Chatham e Pitt. Estas illas principais son as únicas habitadas, e as illas menores teñen, en gran parte, reservas que posúen un acceso restrinxido ou prohibido.
As illas son:
A maioría destas terras están cubertas por felgos e pastos, aínda que hai algunhas áreas de bosques. O terreo é accidentado, máis na illa Pitt, onde se localiza o punto máis alto a 290 m.
A illa principal desta cadea ten numerosos lagos e lagoas, sendo a maior, a lagoa Te Whanga. Outros lagos da illa Chatham son o Huro e o Rangitahi, e entre os regatos están o Te Awainanga e o Tuku.
Historia
Os primeiros habitantes destas illas pertencían a tribos inmigrantes da Polinesia, que se estableceron arredor do ano 1000 ddC., e deste illamento xurdiu o pobo Moriori. A orixe exacta desta xente permanece como tema de varias discusións. Algúns postulan que viñeron directamente das illas da Polinesia localizadas máis ao norte, mais na actualidade a crenza xeneralizada é que os maorís teñen a súa orixe en Nova Zelandia[1]. Este debate ten un matiz político, xa que os actuais habitantes maorís, descendentes daqueles que invadiron e conquistaron o arquipélago en 1832, reclaman un acceso aos dereitos ancestrais maorís. Un extenso informe deses reclamos, Rekohu, foi publicado polo Tribunal Waitangi.
A poboación moriori das illas chega a 2000 habitantes. Viven como cazadores e recolectores, obtendo o seu alimento do mar e da flora nativa. Esta sociedade viviu pacificamente, con pequenas organizacións, mais mantenendo unha poboación estábel mediante a castración dunha certa porcentaxe dos nenos varóns.
O nome da illa Chatham provén do barco HMS "Chatham", cuxo capitán William R. Broughton desembarcou o 29 de novembro de 1791 e reclamou posesión para a Gran Bretaña. Os cazadores de focas e de baleas fixeron axiña destas illas un centro das súas actividades. A pesca continúa contribuíndo significativamente na economía, aínda que as industrias relacionadas coas focas e baleas cesaron as súas actividades arredor do 1861.
Notas
- ↑ Origins of the Moriori people Te Ara. The Encyclopedia of New Zealand